A Festa do Peñón, a cita na que Laxe degusta a súa tortilla doce
13:09 12/06/19
Este pasado luns 10 de xuño tivo lugar na Braña de Soesto, a festividade do Peñón. Unha romaría popular moi arraigada na veciñanza de Laxe, que ademais ten como aderezo, o concurso á Mellor Tortilla doce do Peñón”. Esta era a terceira edición, e foi Víctor Basante Rodríguez o que acadou o primeiro premio, por diante de Ubaldina Suárez e Mamme Mbissine.
A festa foi completa, coa actuación da Charanga Os Campantes da Baña (a través da Rede Cultural da Deputación) e do Grupo de Pandereteiras Andora de Laxe.
Novas relacionadas