Venres. 29.03.2024
El tiempo

Francisco José Vidal Castro presentouse como candidato do PSOE á alcaldía de Laxe

Francisco José Vidal Castro PSOE Laxe
Francisco José Vidal Castro, á dereita, xunto co secretario xeral do PSdeG-Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro; o secretario de Economía e Transformación Dixital do PSOE, Pedro Casares e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas e do
Francisco José Vidal Castro presentouse como candidato do PSOE á alcaldía de Laxe

Esta pasada fin de semana os socialistas de Laxe presentaron esta noite ao seu candidato ás vindeiras eleccións municipais, Francisco José Vidal Castro. O líder provincial Bernardo Fernández Piñeiro, anunciaba que se inicia a carreira para “recuperar a alcaldía de Laxe, unha vila que languidece tras catro anos de Goberno do Partido Popular, no que a parálise é a tónica dominante”.

O candidato socialista aproveitou a súa intervención para enumerar algúns dos seus proxectos para a vila. “Laxe está por desgraza no pasado, debido ao abandono por parte do Goberno local. Por iso aspiro a potenciar o sector turístico na nosa vila, apostando polo turismo de calidade”, sinalou Vidal Castro.
“A iso súmase un proxecto de modernización do concello, para unha xestión máis eficaz e cunha prioridade cara ás parroquias. Atenderemos ademais a grandes problemas da nosa vila, como o despoboamento, xerando atractivos para a mocidade. Tamén daremos un impulso á atención dos nosos maiores, así como unha solución á baixada da actividade económica”, engadiu o candidato.

Comentarios