Venres. 29.03.2024
El tiempo

José Luís Pérez Añón: "Parece que a Xunta deu para atrás o proxecto da urbanizacióndo Escaravello"

Jose Luis Perez Anon alcalde de Laxe
Jose Luís Pérez Añón, alcalde de Laxe
José Luís Pérez Añón: "Parece que a Xunta deu para atrás o proxecto da urbanizacióndo Escaravello"

5 meses despois de coñecer a súa maioría absoluta, o alcalde de Laxe, o popular José Luís Pérez Añón, segue compaxinando a súa xornada laboral como anestesista no Centro de Saúde, coa nova encomenda de dirixir un concello de pouco máis de 3.000 habitantes.

 

Era unha cousa que verdadeiramente esperábamos, confiábamos. Era difícil, porque o que está o poder sempre ten máis vantaxe, pero tiñamos ese vestixio de conseguir a maioría. Creo que nosa candidatura era a mellor que había e que traballamos moito e ese traballo viuse reflexado nunha maioría absoluta que nos deu unha boa alegría.

 
  • QPC: Como están sendo estes primeiros 4 meses de goberno compaxinando a vida coa bata e no despacho da alcaldía?

Si, teño unha dedicación parcial, e polas mañás vou ao Centro de Saúde e veño ao despacho ás 11:30 ou así. Na campaña prometín que ía seguir no centro de saúde, e quero manter o prometido.
En todo caso, hai días mellores que outros, pero vaise levando. Hai días que estás un pouco tristón ou crispado, pero aínda que sexa difícil tes que saber que cando estás aquí tes que esquecer o de alí e do revés…

 
  • QPC: Atopastes sorpresas nos caixóns?

Bueno, sabíamos como ían pagando as facturas… en xeral era máis ou menos esperado. Sabíamos que había un déficit que eles estaban pagando, pero que tamén o crearan.
A día de hoxe, hai facturas pendentes, hai facturas que non había partidas para eles, de arredor de 300.000 €, é como unha herencia que recibes. Podes renunciar a ela, pero decidimos que hai que pagala.

 
  • QPC: Un asunto que criticaches moito dende a oposición era a débeda municipal, que chegou a situarse nos 2,2 millóns tras anos de goberno socialista, pero que parece que se reduciron bastante estes dous últimos exercicios. Como anda de débeda o Concello neste final de 2019?

Agora cos bancos acabamos de liquidar, e cos proveedores, co que pagamos nestas contas, estamos ben. O que se debe, uns 615.000, agora é á Deputación, gracias ao préstamo a coste 0 que nos fixo. Pero é cambiar de deudor, agora non lle debemos aos bancos pero débeslle á Deputación. Falábase de que a Deputación ían condonar estas débedas… Para nós sería estupendo, vaia.

 
  • QPC: Que cousas, das feitas na pasada lexislatura se poden manter? Por exemplo, o Reláxese?

Pois precisamente o Reláxese non fixemos nada porque non había nada. Cando chegamos gastárase uns 17.000, pero non temos nada. Hai unha subvención pedida da Depuación pero aínda non está aprobada. Parece ser que vai ir no pleno da Deputación, pero non podemos anticiparnos.
O anterior goberno gastou eses cartos, sen ter partida para eles, sacando de outras partidas. Se chega a saír aprobada no pleno de novembro, intentaremos facer cousas en decembro e intentar xustificar os 30.000 € de subvención. Se non, intentaremos que nos dean o que se gastou.

 

Hai que ser realistas, xa estaban pedidas. “Por haches ou por bes”, houbo moitos atrancos con estas cousas. E saíron agora? Sería casualidade, penso eu.

 

Retrasouse por varios temas, sobre todo por estar en rede Natura. As obras realizaranse con bo tempo, na ventana de xuño a setembro, pero xa se colcou o cartel, vaise quitar o pantalán… A cousa xa está en marcha. Eu xa dixen que este vai ser o último inverno sen dragaxe en Laxe

 
  • QPC: O dragado é a solución ou vai ser un parche temporal? Está formulada a posibilidade de facer o contradique que pide o sector?

Facer outro dique economicamente é inviable. Pero é curioso, todo o mundo estaba pedindo o dragaxe, e cando sae, algúns saen dicindo que é un parche…

 
  • QPC: Porque a problemática cos áridos, contades que se solvente co dragado?

É certo que as correntes cambiaron co dique, pero esperamos que o dragado solucione moito o problema cos áridos.

 
  • QPC: Hai algo pensado para solventar o problema do saneamento, que se visibilizou, por exemplo, hai 15 días coas inundacións?

Xa estivemos limpando os colectores de toda a vía principal, xa empregamos uns 5.000€ e pensamos investir ata os 50.000€, nestas limpezas.
Ademais, coas obras, a través do POS, da mesma Avenida Cesáreo Pondal, imos facer melloras na rede.
Ademais imos intentar facer un “aliviadero” na zona das depuradoras do porto, que aínda que non están completamente a rede de fecais e fluviais pode ser un respiro para a rede en caso de inundacións.

Tamén é necesario facer varias depuradoras polas parroquias. Esperamos meter algunha nos orzamentos propios, e pedir a outras administracións que nos axuden co resto.

 
  • QPC: Hai algo pensado para a zona do Escaravello?

O Concello temos inventariado unha parte dos terreos, pero a maior parte é de titularidade privada, polo que estamos pendentes de ter unha reunión cos herdeiros, e coa Xunta para, entre as tres partes, tratar de desbloquear a situación. Porque polo que me comentan os técnicos, a Xunta deulle algo para atrás ao proxecto da urbanización. Nós, sabendo que sempre foi unha zona de uso público, imos intentar coidala e adecentala.

 
  • QPC: En clave cultural, a aposta do Arquivo Vidal vai continuar vixente?

Vai ser un puntal sempre, mesmo sabes que acaba de gañar un premio da Deputación, o “Fotógrafo Histórico”, que cae ademais por primeira vez nun proxecto e non nunha persoa.
Coa axuda de Joaquín Vidal, o técnico, temos xa máis de 100.000 imaxes, que estamos dixitalizando. A xente ve como é a historia de Laxe e da contorna, e a verdade é emocionante cando visitas a exposición con xente da zona e fala cousas recoñecendo as imaxes, como que era a casa da súa avoa… Ata Álvaro de Marichalar quedou encantado e seguro que volve.

Ademais serve para darlle vida ao Museo do Mar, que é outro activo de Laxe.

 

Pois si, creo que corre perigo. De feito, sabemos que hai moita xente que colle bolsas e as pon en xarróns na casa… Pero que podemos facer? Non podemos pechar a praia, nin cortar o acceso ao que é o areal, como xa se pensou. Só podemos confiar na responsabilidade da xente, e que faga caso do cartel que leva anos instalado.

 

A verdade é que aínda non nos explicaron por que se perdeu a Bandeira Azul. Se é moi caro que o argumenten, pero eu aínda non sei canto custa. Para nós dende logo que vai ser unha prioridade, porque é diferencial. A xente que vén pola zona, mira no whastapp e busca “praia con bandeira azul” e agora xa non nos atopa, e iso hai que solucionalo.

 

Pois a verdade, é que como tanto a alcaldesa de Vimianzo coma min somos novos, aínda non nos puidemos poñer co asunto. E é certo que da Xunta aínda non soubemos nada.

 

Pois de feito, a través do POS, vaise acometer a obra a recuperación do camiño que vai ao Muíño e despois retomarase o proxecto da Deputación.

 
  • QPC: Seguirá sendo o Naufraxio o gran buque insignia do verán laxense, non si?

O Naufraxio é un sentimento. Ese é a mellor definición, porque moita xente di que é sempre o mesmo, pero a xente sempre volve. Porque é emoción, sentimento. Dende logo é o buque insignia das Festas de Laxe e seguirá sendo.

 

Comentarios