Luns. 18.11.2019
El tiempo

A Deputación ratifica a axuda económica para rehabilitar o muíño de vento de Laxe

A Deputación ratifica a axuda económica para rehabilitar o muíño de vento de Laxe
Ricardo Facal a dereita Ricardo Facal, á dereita, na Deputación

Adiantábamolo en xuño e onte o presidente da Deputación confirmáballo ao concelleiro de Emprego e Cultura e alcalde en funcións da localidade, Ricardo Facal. A Deputación afrontará a rehabilitación do muíño de vento coñecido como o de “Manolo do Rei”, único na Costa da Morte polo seu sistema de moa a base de engranaxes independentes e velas de lenzo triangulares como as que tiñan os barco.

Facal informou sobre os avances da adquisición do inmoble por parte do Concello, que xa conta co ofrecemento de cesión e a autorización dos propietarios actuais, para poder emprender as actuacións que sexan precisas para a consecución deste proxecto.

Formoso ratificou a colaboración económica da Deputación se ben non deu aínda cantidades da achega provincial incluída nos orzamentos de 2019, para facer realidade este soño laxeiro de recuperar un muíño construído en 1924 por Manuel Ramos Mesías e que funcionou ata 1936.

https://quepasanacosta.gal/laxe-rehabilita-o-muino-de-vento-de-manolo-do-rei/

Remodelación da praza Rúa do Cantón

Aproveitou a visita Facal para presentar un proxecto para a remodelación da praza da Rúa do Cantón, na confluencia das rúas Cantón, Vista Alegre e Emilia Pardo Bazán da localidade. Unha zona con deficiencias, un pavemento danado, sen aparcamento… cousas necesarias para unha zona afectada polo mercado municipal.

A Deputación comprometeuse a estudar as vías de financiamento deste proxecto, a través do Plan Único ou dun convenio de colaboración co municipio.

Comentarios