Mércores. 22.05.2019
El tiempo

Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras

Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras
María Mato, técnica de Turismo do Concello de Laxe, Xosé M. Pose Lema, Concelleiro de Turismo do Concello de Laxe, José M. Mouzo Castiñeira, alcalde do Concello de Laxe, Marta Rei, concelleira de Cultura do Concello de Vimianzo e Victor Santos, técnico de deportes do Concello de Vimianzo na presentación do programa conxunto #moitomáisquepedras María Mato, técnica de Turismo do Concello de Laxe, Xosé M. Pose Lema, Concelleiro de Turismo do Concello de Laxe, José M. Mouzo Castiñeira, alcalde do Concello de Laxe, Marta Rei, concelleira de Cultura do Concello de Vimianzo e Victor Santos, técnico de deportes do Concello de Vimianzo na presentación do programa conxunto #moitomáisquepedras Dosier maisquepedras Penedos Traba e Pasarela

Xa contamos como os Concellos de Laxe e Vimianzo están unindo forzas para salvar os Penedos de Traba e Pasarela. Mesmo falabamos cos seus técnicos e con Augusto Pérez Alberti, un dos culpables da catalogación dos Penedos como Paisaxe Protexida.

Un distintivo que teñen só dous espazos en toda Galicia. Os Penedos foron declarados Paisaxe Protexida dende 2009, pero nada se fixo dende entón para poñelos en valor por parte da Xunta.

Son os Concellos os protagonistas os que están uníndose para armar un programa de actividades conxuntas. Un programa que leva o título de #moitomáisquepedras e que ten dous focos de atención.

Concurso de Fotografía

O primeiro é o Concurso de Fotografía “#moitomáisquepedras”, que terá tres premios, o primeiro de 500€. Para participar é necesario inscribirse a través de www.turismolaxe.gal ou www.vimianzo.gal.
Para facilitar o coñecemento do espazo, unha visita guiada o sábado 13 de outubro de 2018 con saída as 9.00 horas da Escola de Pasarela. O sábado 20 de outubro de 2018 haberá outra visita guiada ós Penedos, específica para as persoas interesadas en participar neste Concurso.

Sábados de Penedos en Outubro

Ademais, os concellos arman un programa para os sábados de outubro. O sábado 13 haberá unha Andaina, e o sábado 27 o punto forte do programa, un recital poético na Cachucha (un escenario espectacular), coa presencia de Manuel Rivas entre outros.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unindo-forzas-entre-concellos-para-salvar-os-penedos/ https://quepasanacosta.gal/laxe-e-vimianzo-unen-forzas-ante-a-deixadez-da-xunta-na-promocionar-os-penedos/ https://quepasanacosta.gal/augusto-perez-alberti-e-lamentable-que-a-xunta-non-fixera-nada-dez-despois-da-declaracion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela-como-paisaxe-protexida/

Comentarios