Laxe entregou os premios do certame Antón Zapata no incomparable marco do Solpor Poético

A Praia dos Cristais acolleu este sábado un dos eventos máis simbólicos da comarca de Bergantiños. A XVIII edición do Solpor poético supón un broche inmellorable para un certame de poesía, a 18ª edición do certame de poesía Antón Zapata García.

Despois da actuación musical de EntrElas mentres o sol se puña, os asistentes aplaudirn a Alexandra Alfaro Pérez, que gañou o premio en categoría xuvenil, e a Xosé Manuel Lema Mouzo, o xornalista da Ponte do Porto, que levou a categoría de adultos.

 

Alexandra Alfaro Pérez con Raquel Lema e Paco Charlin 

Máis novas