Laxe escribe marzo con M de Muller

06:49 06/03/18

Exposición fotográfica


Teatro local
O Teatro de Avoas trae a súa obra “Inseguridades” a Laxe. Creada e protagonizada na súa totalidade por mulleres adultas veciñas do concello laxeiro. A cita será o domingo 11 de marzo ás 19:00 da tarde no Salón de Actos Municipal, terá lugar a representación da obra “inseguridades”. Participarán na presentación un grupo de rapazas novas, “Juapas, con J” e tamén o grupo de Pandereteiras Andora.Charla obradoiro
Impartida pola asesora nutricional Noa Vázquez Rendal, o sábado 10 ás 5 da tarde, no Local Social Valle Inclán terá lugar esta actividade na que as persoas asistentes poderán aprender e practicar diferentes hábitos dunha alimentación saudable, coñecer cales son os erros maís comúns da nosa dieta diaria e cales son os hábitos saudables que debemos acadar para manter forte a nosa saúde. Tamén se cociñará algunha receita con ingredientes sans que deben formar parte da nosa alimentación.Zumba na rúa
Pódese achegar quen queira a facer exercicio, o sábado 17 ás 5 da tarde, na Praza de Ramón Juega ou en parvulitos (Praza dos Voluntarios) se o tempo non acompañara.<(p>Marcha saudable
Terá lugar esta marcha o domingo 18, con saída ás 11 horas de diante da Casa do Concello e cuxo itinerario percorrerá diferentes rúas de Laxe. Ó finalizar á marcha, na Praza dos Voluntarios, haberá avituallamento para as persoas que participen na marcha.Obradoiro de defensa persoal
O mesmo día que a marcha, de 5 a 8 da tarde, no Pavillón Polideportivo municipal, terá lugar este obradoiro, no que as persoas participantes poderán aprender diferentes técnicas de defensa persoal que farán que se incrementen sen dúbida os niveis de seguridade, autonomía e autoestima persoal. O obradoiro está destinado a mulleres a partir dos 12 anos. Para poder participar neste obradoiro, é imprescindible inscribirse previamente no concello. O obradoiro será impartido por Nelson Moreno Cuta, mestre con formación específica neste ámbito.Novas relacionadas
- As Buseranas animan a participar na internacional folga de mulleres do 8 de marzo.
- Buserana: “Ser muller non é delicto. Tampouco no Nadal”.
- Repaso ao 25N-2017: A Costa da Morte colgouse o cartel de Espazo Libre de Violencias Machistas.
- O alumnado de Camariñas di NON ás Violencias Machistas en clave audiovisual.
- Zas súmase ao pacto das Buseranas para loitar contra a violencia de xénero.
- 10-11-17: 15 concellos da bisbarra aprobaron ou teñen previsto facelo a moción de Buserana por un pacto contra a Violencia de Xénero
- 03-07-17: O Concello de Cee, o primeiro en aprobar por unanimidade a moción contra a violencia de xénero da Buserana.
- 16-06-17: Buserana propón aos Concellos da bisbarra asinar un Pacto contra a Violencia de Xénero.
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)