Venres. 19.04.2024
El tiempo

Laxe estrea o seu novo e eco-social mural de azulexo

Mural de azulexo en Laxe
Laxe estrea o seu novo e eco-social mural de azulexo

Este venres 31 de maio, ás 20:00h, terá lugar en Laxe unha inauguración especial. A Asociación Ambiental Contramínate estrea o moisaco colaborativo creado na confluencia das rúas Vila Amparo e Cesáreo Pondal, a través do obradoiro impartido dende a entidade e o Concello.

O mosaico "Carballos" enche de cor e luminosidade un curruncho que hai tres semanas víase descoidado, pese a súa céntrica situación no centro urbano do municipio. Esta mesma luminosidade é a que víamos nas facianas da veciñanza que se implicou na elaboración deste proxecto, moitas destas persoas xa colaboraron en 2017 no anterior mosaico, unha interpretación dun un bosquexo de Luís Seoane.

Muro antes do Mural de azulexo en Laxe
Así estaba a zona antes do mural

A obra é orixinal da “artivista” Cari Camarero. Baixo a súa dirección, vinte persoas traballaron durante tres semanas, utilizando a técnica “trencadís”, para dar forma a esta paisaxe de carballos con fondo de mariña.

Este venres convocan así ás persoas participantes e achegados a unha merenda, un Albaroque como o de 2017, coa presenza de representantes da Asociación Ambiental Contramínate, do concello de Laxe e con Xosé Mira como mestre de cerimonia. “Porque somos ecoloxistas, procuramos as relacións entre a veciñanza e o espazo no que vivimos coidando do noso pobo mediante este traballo comunitario de educación ambiental”, explica Lola Rontano, unha das “artivistas” laxeiras. “O obxectivo deste proxecto é fomentar a conciencia de que a terra é a nosa casa, que temos a obriga de conservala por saúde e benestar”.

Creacion dun mural de azulexo en Laxe

Novas relacionadas

Comentarios