Laxe quere Tapearte

07:07 02/03/16

Volve unha fin de semana máis esta proposta gastronómica dende os establecimentos de Laxe. Parece que vai tendo percorrido esta ruta “Laxe Quere Tapearte (Tapeo Marítimo)”. Desta vez son tres días, venres 18, sábado 19 e domingo 20 de marzo, previndo a Semana Santa, e de novo a aposta é polos produtos ndo noso mar.
Así, de 12:00 a 15:00h e de 20:00h a 23:00h, o pack bebida-tapa custará 2,50€, pero merecerá a pena degustar as deliciosas tapas elaboradas nos establecimentos que teñen ese símbolo do “garfo en clave de sol”.
Ademais haberá amenización. O venres pasarría pola noite, o sábado e o domingo pasarrúas pola tarde, o sábado pola noite verbena na Praza dos Voluntarios e o domingo festa infantil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).