O milagreiro rescate de Bico no Faro de Laxe
O pasado 30 de decembro, Bico, un can moi querido polos seus pais, Fernando e Ángel, perdeuse no faro de Laxe. Tras a súa desaparición, as redes sociais do pobo enchéronse de publicacións para axudar na busca do amado Bico.
Despois de dous días de intensa busca, un veciño de Canduas que paseaba pola zona escoitou os ladridos dun can. Era Bico, que pasara dous días na ribeira da costa do faro, atrapado nunha rocha sen poder saír. O veciño avisou de inmediato á xente do pobo, e en poucos minutos, Fernando e Ángel chegaron ao lugar.
Coa maior das desesperacións ao non saber como liberar a Bico, decidiron chamar a Protección Civil. Esta púxose en contacto co alcalde Francisco Charlin, quen, debido á súa profesión de percebeiro, sabía como acceder ao lugar do rescate. Xunto con Fernando do Moral Regaldie, acudiron ao rescate de Bico.
Afortunadamente, Bico xa se atopa san e salvo no calor do seu fogar. Este incidente convertiuse nun verdadeiro conto de Nadal, no que todo un pobo se uniu para buscar a un animal moi querido. No rescate, dúas persoas con ideoloxías opostas, un do PP e outro de Podemos, traballaron xuntos por amor á vida.
"O amor pola vida une á xente, e o outro pai de Bico que aquí escribe, agradéceo eternamente", explica Fernando dende o agradecemento.