Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos

O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos

Continúa a problemática en Laxe cos áridos. I é que cando zoa o vento a area da praia chega ata o porto, o paseo marítimo e ata o colexio. O pasado mes de maio a Xunta anunciaba o comezo das obras de basculamento da area de praia e movemento de area cara o interior da vila. Pero parece que as obras non dan comezado.

Así o denuncia o deputado do BNG, Bieito Lobeira que lamentoa que "o PP enganara á sociedade de Laxe, en período electoral, ao comprometerse no Parlamento a comezar, no mes de setembro, unhas obras que agora non teñen prazo".

O BNG denuncia que tras unha resposta no Parlamento sobre a execución das obras de remodelación do porto de Laxe, o Presidente de Portos de Galiza, José Manuel Álvarez Campaña recoñeceu que as obras non darán comezo como estaba previsto no mes de setembro nin avanzou os prazos para a súa execución.

O deputado lembrou que "a Proposición non de lei, apoiada polo Partido popular, indicaba o comezo das obras para o mes de setembro e agora, aseverou, Portos de Galiza xustifica o incumprimento do acordo na realización de “novos estudos”".

Estados das obras

Por outra parte, o parlamentario nacionalista tamén se referiu ao problema derivado da acumulación de áridos na praia e explicou que Costas do Estado segue agardando que Portos de Galiza lle traslade un plano onde figure o lugar de retirada e depósito dos áridos acumulados.

Para o nacionalista, a utilización da praia de Laxe é unha “importante fonte de ingresos” a través do turismo e resulta “urxente”-afirmou-, acometer medidas para revolver os problemas da acumulación de áridos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Laxe.

Comentarios