O BNG de Laxe propón un plan de recuperación de Camiños Forestais

08:45 05/03/12

Achega hoxe o BNG de Laxe unha moción que vai presentar no pleno sobre a creación dun Plan de Camiños Forestais 2012-2015. Aseguran que levan un "exhaustivo traballo de campo" ademais de recoller as "inquedanzas" dos veciños laxenses, no que á mellora de camiños forestais se refire. E quere pois trasladar ao pleno a idea, se ben a moción non inclúe unha proposta de resolución si que pretende ue o Concello a teña en conta.
Así o Plan de Camiños Forestais 2012-2015 que presenta incide en ata 22 puntos:
- Asfaltado camiño dende A Camposa a Serantes.
- Mellora da capa de rodadura no camiño de Piñeiro (Serantes) ata o depósito municipal da auga en Espiñaredo (Laxe).
Ao lado do depósito da auga existe de auga contraincendios. Lonxitude aproximada de 1030 metros. - Apertura do camiño dende Arantiña-Estivadelle ata Piñeo. Lonxitude aproximada de 1535 metros.
Camiño entre os límites municipais de Laxe e Vimianzo. Afecta directamente a 30 fincas e a una finca propiedade da Xunta de gran extensión. - Apertura camiño dende brañas de Coens en dirección Borneiro.
Camiño entre os límites municipais de Laxe e Zas e rematando no límite municipal de Cabana de Bergantiños. Lonxitude aproximada de 550 metros. Afecta directamente a 55 fincas. - Asfaltado da costa da Camposa do camiño dende A Camposa (A Torre) ata Lourido (Serantes). Lonxitude aproximada de 130 metros.
- Apertura camiño dende a Casa de Caamaño (Campo dos Bois-Traba) ata o Monte Vello. Lonxitude aproximada de 1000 metros.
- Apertura do camiño dende o Brañal ata o Barilongo.
- Apertura ou mellora do camiño que vai dende Coens ata o monte de Barazas e que enlaza co que vai da Cruz do Furco ao repetidor do Monte da Lagoa.
- Apertura do camiño dende Cuiña a Boaño.
- Apertura do camiño dende Serantes ata a Agra das Penelas (pasando pola “tensora”). Lonxitude aproximada de 300 metros.
- Mellora da capa de rodadura do camiño na agra de Coens.
- Apertura de camiño no alto do Aprazadoiro.
- Mellora da capa de rodadura do camiño de Soesto ao Piñeiro (Serantes).
- Acondicionamento do Camiño Real dende Espiñaredo (Laxe) até camiño de Soesto.
- Mellora e apertura do camiño dende Lourido ao Monte Castelo (Serantes).
- Apertura camiño Salgueirón aos Chans (Serantes)
- Apertura camiño no Piñeiro (Serantes).
- Arranxo da subida no comenzo do camiño As Talaias ás Quenllas (Boaño).
- Apertura e mellora do camiño As Quenllas até Os Capeludos.
- Apertura do camiño dende a Casa de Isidoro (Boaño) até Cuiña.
- Mellora do camiño en Vilar de Arriba (Boaño).
- Apertura do camiño dende a Casa de Juan do Quinto (Matío) até a Lagoa.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa da man de Xosé Manuel Pose Lema, Portavoz do grupo municipal do BNG.