Venres. 19.04.2024
El tiempo

O teatro volve a Laxe por Outono

O teatro volve a Laxe por Outono
Cartel da Mostra de Teatro Afeccionado de Laxe do ano pasado

Os vindeiros domingos do mes de outubro Laxe acollerá a VI Mostra de Outono de Teatro (MOTA), que este ano, coma novidade, ademais das actuacións de teatro afeccionado previstas, contará para o seu peche (o domingo 28 de outubro) cunha actuación de corte teatral profesional baseada no clown (novo circo).
Ademais, comeza un novo curso de Teatro na escola municipal.

Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Teatro Folerpas de Laxe, tivo e terá un peso especial na organización deste ciclo que, en colaboración tanto co Concello de Laxe coma coa Deputación da Coruña, darán lugar á seguinte programación:

  • Domingo 7 de outubro: Obra “Ámote”, interpretada polo grupo Teatro Solidario as Ínsuas de Muros.
  • Domingo 14 de outubro: Obra “Bolboretas”, interpretada polo grupo Metátase Teatro de Palas de Rei.
  • Domingo 21 de outubro: Obra “Un asilo para mamá”, interpretada pola Aula de Teatro de Vimianzo.
  • .
  • Domingo 28 de outubro: Obra “Ringo Rango”, interpretada polo grupo Ringo Rango de Santiago de Compostela.

Todas as actuacións, terán lugar no Salón de Actos Municipal (ao carón da Biblioteca Municipal) ás 19:00 horas.

Novo curso da Escola de Teatro

Este venres 5 de outubro, dará comezo un novo curso da Escola de Teatro Municipal cun total de 53 persoas inscritas dende os 3 anos de idade ata a década dos 40. Como primeiro acto, terá lugar unha xuntanza colectiva na que participará o profesorado da escola, Afonso García, así coma todas as persoas inscritas para este curso. Esta terá lugar ás 19:00 horas no salón de actos municipal.

Ademais de intercambiar experiencias, nesta reunión informativa e organizativa do vindeiro curso teatral, determinaranse os grupos de ensaio e horarios de cada un deles que, se prolongarán ao longo das tardes de todos os venres (agás festivos) dende o vixente mes de outubro ata o vindeiro mes de maio do 2013.

Novas relacionadas

Comentarios