Os coles da bisbarra gozan e aprenden con Cadelar
Encantados fican todos os cativos da bisbarra cando coñecen a Nuba. A iniativa que Aloumiños e Cadelar, intervencións asistidas con animais están levando, por segundo ano, polos coles da bisbarra, está sendo todo un éxito. “Os cativos dos centros pásano xenial, gozan e aprenden moito”, recoñece Claudia, unha das responsables de Aloumiños.
Irene García Patiño, Julia Piñeiro, e Nuba, por suposto, xa teñen pasado coa proposta de Cadelar polos centros de ensino de Ponteceso, Vimianzo, Laxe e Carballo, e aínda lles queda pasar nestas semanas por Caión, Buño e Zas.
”Esta actividade comezouse a realizar o ano pasado nunha semana dedicada a celebrar o mal chamado «Día da Discapacidad», coa cal quixemos poñer a disposición dalgúns centros escolares unha actividade inclusiva, onde todos os nenos puidesen gozar por igual, teñan ou non diversidade funcional e debido á receptividad lograda, propuxémolo este ano tamén”, explican.
”Gustaríanos poder seguir realizando a actividade e chegar a moitos máis coles e ata amplialo a escolas infantís para o próximo ano, xa que en moitos centros escolares seria necesario realizar máis dunha sesión, pero para logralo necesitamos de apoio económico, xa sexa a través de donativos de particulares ou empresas e de captar novos socios”, recoñecen dende Aloumiños.
A iniciativa seguro que continúa desenvolvéndose na bisbarra, pois ademais de con cativos, pode levarse a cabo con maiores ou persoas con discapacidade. Así o corroboran os nenos participantes, felices e contentos de perderlle o medo, e de aprender a xogar, a respectar e a disfrutar cos animais.
Irene e Julia de Cadelar no cole de BaíñasCalendario 2018
Mentres, Aloumiños ten xa a venda o seu Calendario 2018, que tamén serve para financiar esta clase de programas. Foi presentado en Laxe, e intentarán que este ano se sumen máis coles a compralo para as aulas, xa que é un Calendario educativo. "Este ano quixemos dar a coñecer algunhas das patoloxías con máis cantidade de afectados e cada mes está dedicado a unha, ademais damos unha pincelada das características de cada unha delas e quixemos poñer persoas de renome, que as padecen... cremos que é importante para os nenos que poidan ter información e se se dá o caso, coñecer un poquito máis sobre a afectación do seu compañeiro ou compañeira. Esperamos poder chegar a moita xente con está nova edición, xa que a recaudación obtida axudaranos a poder seguir cos nosos proxectos", explican.
En breve estará á venda. Cómpre estarmos atentos ao seu Facebook.
Novas relacionadas
- Cadelar: “É incrible ver cómo lles cambia a cara cando ven entrar a Nuba e o que disfrutan traballando con ela”.
- As actividades asistidas con animais chegan aos colexios da Costa da Morte con Aloumiños e Cadelar.
- Salvacadelos segue medrando.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).