Venres. 26.04.2024
El tiempo

O PSOE propón “recuperar Laxe do abandono”

PSOE Laxe 2023
O PSOE propón “recuperar Laxe do abandono”

O PSdeG-PSOE de Laxe celebrou o mitin central da súa campaña de cara as vindeiras eleccións municipais. Nel interviron o candidato á alcaldía Paco Vidal e a vicevoceira parlamentaria Begoña Rodríguez Rumbo. O candidato socialista explicou que tomou a decisión de encabezar a lista “porque dende hai anos observo o estado de abandono no que se atopa o Concello de Laxe, mentres outros concellos da comarca prosperan”. Son necesarios “cambios urxentes para corrixir esta inercia e poñer de novo a Laxe no mapa dos concellos exemplares”, indica.

Entre as súas prioridades, Vidal destacou a de lograr “uns servizos administrativos eficientes, unha atención ao cidadán eficaz e cun seguimento dos problemas, para que non se acumulen e se perdan”. Tamén “un servizo de mantemento eficaz, baseado na planificación” ou “un plan de xestión de residuos que optimice a recollida e reciclaxe”.

O socialista reclamou tamén “solucións reais aos problemas de tráfico”, mellorar os servizos sociais, crear aparcadoiros de caravanas, promover o turismo de natureza ou apoiar ás asociacións culturais e deportivas.

Paco Vidal PSOE Laxe
Paco Vidal 

Comentarios