Roberto Martínez e Cora Peña debullan os seus documentais sociais en Traba
A xornada do venres 7 será Roberto Martínez o que presente "Alegría", o documental de Ecoloxistas en Acción sobre os 20 anos do afundimento do Prestige, un traballo coproducido por Ecoloxistas en Acción Galicia e URCO Producións fai fincapé na urxencia de aumentar a cantidade e calidade das inspeccións dos buques que atravesan o litoral galego ademais de por énfase na necesidade de rematar coa dependencia do petróleo.
A xornada do sábado será con Cora Peña e o famoso documental "Tesouro" de Corcoesto", que recolle as mobilizacións desenvoltas na comarca naquel 2013 ante a posible chegada dunha das explotacións máis agresivas do planeta.
LAND ART
Ademais, o domingo haberá un Obradoiro de LandArt e emocións a partir das 10:30h, con saída dende a Casa do Concello. Cómpre inscribirse en 881045858 ou en [email protected].