Sábado. 27.04.2024
El tiempo

aAntena rescata o legado de Man, e marídao coa Land Art e a saúde dos nosos mares

Naufraxios Aantena en Caion 14
Unha imaxe das representacións sobre Naufraxios de aAntena
aAntena rescata o legado de Man, e marídao coa Land Art e a saúde dos nosos mares

A compañía costeira aAntena (Bernardino Martínez e Xosé Leis)vén de ser beneficiaria dunha axuda no marco do "Territorio Cultura " da Xunta de Galicia (subvencionado por Fondos Next Generation), para desenvolver un proxecto multidisciplinar por concellos da Costa da Morte ao redor de MAN e o seu legado. “M.A.N. (Mar Arte Naufraxio)” terá o seu o punto de partida este luns 3 de xullo, coa inauguració ás 12:00h no Museo do Mar de Laxe da Exposición 20 anos do Prestige (con fotografías xornalísticas dos primeiros días da traxedia).

Durante os meses de xullo e agosto, a compañía realizará diferentes accións (cine ao aire libre, obradoiros medioambientais, exposicións, regueifa…) por puntos da comarca, seguindo a liña das representacións dos Naufraxios. Un proxecto que busca “recuperar a identidade cultural da comunidade para, a partir dese punto, reconstruíla e proxectala no futuro”, que trata de “fusionar as artes tanto naturais, como a tradicionais coa moral de recuperar a nosa historia así como inferir o amor polo noso patrimonio e pola nosa historia e identidade”.

Así, a vindeira semana xa estarán abertas as exposicións de Laxe e Carnota, e haberá obradoiros de LandArt en Íntegro (Cabana), Dumbría, Muxía e Laxe. O venres que vén arrincan as proxeccións de cinema ao aire libre nos Penedos de Traba e Pasarela e no Dolmen de Dombate. As actividades continuarán todo o mes de agosto tamén.

Cartel MAN-Aantena
Cartel do proxecto

Fotografía + LandArt + Refugallo + Música + Cinema + Teatro

  • 6 Obradoiros de “ARTE + EMOCIÓNS “ (Land Art impartidos pola especialista Rebeca Ponte).
  • 5 Obradoiros “PEGADAS DE MAN” sobre a concienciación da limpeza dos nosos mares e a creación de obxectos con crebas impartido pola asociación Mar de Fábula.
  • 1 Exposición fotográfica “20 ANOS DO PRESTIGE” que viaxará por 6 concellos galegos e 4 de fóra de Galicia.
  • 6 concertos de “CANTOS DE TABERNA” coordinados por Lupe Blanco.
  • 6 proxeccións de “CINEMA DE VERÁN” con documentais sobre a natureza e antropoloxía da zona (en Torres do Allo, Dolmen de Dombate, Penedos de Traba).
  • 6 funcións de teatro “NAUFRAXIOS” en enclaves máxicos da Costa da Morte onde se recupera a orixe do topónimo e a historia de afundimentos na comarca. Concellos : Cabana, Carnota, Dumbría, Laxe, Muxía e Zas.
  • Creación dunha “Ruta dos Naufraxios” co sistema de beacons para a información dos visitantes.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios