O salario do goberno de Laxe é o máis alto da Costa da Morte
07:38 12/04/24
3.781 euros ao mes (46.000€/ano) é o salario do alcalde de Laxe, aprobado no pleno do pasado mes de marzo. Está no rango de soldos máis altos, non moi lonxe dos primeiros postos. Pero ademais, se lle sumas o resto de dedicacións, o salario do goberno municipal de Laxe é o máis elevado de todos os concellos da Costa da Morte.
Así o denuncia o BNG de Laxe que destaca que os salarios das dedicacións (a alcaldía e as dúas concellerías) suman un total de 94.000€ anuais. O BNG de Laxe ve “excesivo” este importe, que supón un custo de 32€ por habitante.
Aquí deixamos dúas completas táboas co que lle custa a cada habitante dos concellos costeiro os soldos dos seus políticos.
SALARIOS ALCALDÍAS
Concello | Soldo alcalde |
custo / habitante |
SANTA COMBA | 52.000€ | 5,57€ |
VIMIANZO | 50.000€ | 7,31€ |
CEE | 49.658€ | 6,48€ |
A LARACHA | 48.760€ | 4,22€ |
MUROS | 35.000€ | 4,24€ |
CARBALLO | 48.100€ | 1,53€ |
CORISTANCO | 47.700€ | 8,25€ |
ZAS | 46.463€ | 10,78€ |
DUMBRÍA | 46.463€ | 6,26€ |
CABANA | 46.463€ | 11,26€ |
LAXE | 46.000€ | 15,65€ |
MUXÍA | 42.400€ | 9,53€ |
MALPICA | 43.500€ | 8,29€ |
PONTECESO | 36.000€ | 6,66€ |
CAMARIÑAS | 35.683€ | 6,92€ |
CORCUBIÓN | 31.694€ | 19,24€ |
MAZARICOS | 30.000€ | 8,05€ |
FISTERRA | 44.140€ | 9,39€ |
CARNOTA | 41.416€ | 0,85€ |
TOTAL DEDICACIÓNS DO GOBERNO DO PP DE LAXE
Concello | Total dedicacións |
custo / habitante |
VIMIANZO | 127.000€ | 18,56€ |
SANTA COMBA | 172.000€ | 18,44€ |
CEE | 121.480€ | 15,85€ |
A LARACHA | 171.400€ | 14,84€ |
MUROS | 85.400€ | 10,35€ |
CARBALLO | 297.100€ | 9,45€ |
CORISTANCO | 115.700€ | 20,02€ |
ZAS | 91.000€ | 21,12€ |
DUMBRÍA | 46.463€ | 16,26€ |
CABANA | 80.100€ | 19,42€ |
LAXE | 94.000€ | 31,98€ |
MUXÍA | 42.400€ | 9,53€ |
MALPICA | 83.500€ | 15,93€ |
PONTECESO | 111.600€ | 18,79€ |
CAMARIÑAS | 96.295€ | 18,69€ |
CORCUBION | 46.296€ | 28,49€ |
MAZARICOS | 90.000€ | 24,08€ |
FISTERRA | 44.140€ | 9,39€ |
CARNOTA | 69.416€ | 18,19€ |