Luns. 29.04.2024
El tiempo

Samuel Martínez Fandiño escríbelle o seu segundo libro á adolescencia

Samuel Martinez Fadindo Samu de Soesto co seu libro Heridas
Samuel Martínez Fandiño escríbelle o seu segundo libro á adolescencia

Con só 15 anos xa publicara o seu libro, “El poder ser yo”. Dous anos despois, aínda con 17, Samuel Martínez Fandiño, saca a segunda parte. “Heridas” son un total de 94 textos curtos, formulados para a adolescencia, pois están relacionados coas “emocións e experiencias que vivimos ao largo da nosa vida”.

”É un libro que o podes abrir pola páxina que queiras e formar como a túa propia historia”, explica Samuel. O nome deste libro é un pouco de que o largo da vida imos ou nos van facer feridas. “Este libro nace porque quero tamén transmitir o que sentimos nas diferentes etapas polas que pasamos ao longo da nosa vida”.

O anterior libro foi unha autopublicación porén desta volta vaise publicar a través dunha editorial e nuns días estará a preventa na páxina da editorial Autografía.

Comentarios