Unha de enterros para o End-troido

Unha de enterros na Costa da Morte para poñer o END-troido, como bromean os compañeiros de Hermanager Humor.

E se mañá traeremos o resumo completo do gran entroido de Cee, todo un éxito no sábado de Piñata, imos repasando as últimas citas do Entroido na Costa da Morte. I é que tras unha primeira fin de semana pasando polo desembarco pirata de Vimianzo, pola tremenda inventiva de Carballo, polas comparsas de Muros, polas risas de Dumbría e como non, polo puro teatro Fisterra, hoxe repasamos as citas fúnebres do entroido costeiro, que son toda unha auténtica tradición dos na Costa da Morte.


Malpica, capital do Enterro


E se temos persoeiros de todo calado, non podemos comezar con outra que non sexa a Mikaela de Buño, i é que Malpica é a capital do Enterro do Entroido na Costa da Morte. Ademais da Mikaela, a fin de semana estivo protagonizada polo Farruco de Seaia, o Faustino de Malpica, e polos os Madamitos e Ghuadineiros de Cerqueda, verdadeira tradición que as asociacións seguen mantendo viva.

Pero é que a Mikaela é moito. Probablemente sexa unha das maiores festas da xuventude de todo Bergantiños, e xa conta con máis de 25 anos de "matanza", e segue ano tras ano enchendo a pequena vila de Buño de centos e centos de mozos con gañas de troula. E menudos disfraces que arman as xentes da volta, cunha imaxinación tenaz, que serve para acompañar ao auténtico Vía Crucis de bares que ten que sufrir á Mikaela antes da queima.

Este curso, disfrazada de Garda Civil cun escote de primeira, foi unha auténtica sensación, como bén contou o cura laico, o "padre Añón", durante o pregón.

Por Laxe, o alcalde Cayetano

Levan poucos anos recuperando a súa lenda, dende o 2009, pero a súa historia dá para moito. O venres tocaba en Laxe a despedida do Cayetano, que tras unha semana de alcalde, falecía por mor dos excesos. Unha semana antes, o alcalde cedera o bastón de mando ao Cayetano, o borracho da vila que posto como alcalde polo pobo.

Divertídisima a comisión das viuvas, a procesión fúnebre por todo Laxe e a queima na praia do Cayetano, toda unha festa.

Unha de Muros

Foi o mércores cando o pobo de Muros despedía a Don Facundo, un deses persoeiros coñecido por ser un “gran vividor-bebedor", e que as mulleres da vila botarán de menos.

De Percebes en Muxía

E moi simpática a proposta dende Muxía de facer o Enterro do Percebe da Barca, que este ano chegaba á súa segunda edición, e que vai collendo sona.

Entroidos 2014

Máis novas

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).