Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Desembarco pirata no Entroido de Vimianzo

Desembarco pirata no Entroido de Vimianzo
Entroido-Vimianzo-2014-Piratas-do-Caribe-1

Máis xente que nunca no Entroido vimiancés. E iso que o tempo non auguraba nada bo, pero foi empezar o pasarrúas e ata Lorenzo fixo acto de presencia, pois non quería perder a espectacular comparsa pirata. Nin tampouco os orixinais xogos de mesa da xente da Trubisquiña, sendo as dúas únicas, pero abondas, comparsas en concurso. Alí estivemos facendo de xurado, xunto a Ali Camiño da Radio Nordés e José Manuel Ramos do Correo, e a verdade é que o pasamos de medo.

Chegaba ademais a comparsa das Dancetekas, do grupo de aerobic municipal, de vencer o día anterior un premio de 6.000€ no Certame da Coruña, así que a continuidade está asegurada. I é que este ano comezaban a traballar nas carrozas en setembro, pero o resultado, dende logo, resulta espectacular. Menudos barcos piratas desembarcaron na capital irmandiña (non puideron os barcos-carrozas entrar no pavillón porque non cabían e no pasarrúas tiveon problemas co cableado…), co Capitán Babosa e todo a bordo, para invadir o entroido vimiancés. Ata 115 persoas participan na comparsa dirixida por Susana, que levou, un ano máis, o primeiro premio.

Corsarias dos Piratas do Caribe no Entroido Vimianzo 2014-Foto-Roberto Rua entroido-Vimianzo-2014-Trubisquina

A Mellor Comparsa Local foi a segunda en liza, “A Trubisquiña movendo ficha”, con tamén case 100 membros da escola municipal de música. E de feito, notouse o toque musical, pois os tambores resoaron durante toda a festa con máis marcha que a “zapatilla” das Dancetekas. Moi orixinais tamén os disfraces dos xogos. Parchís, xadrez, uns fantásticos cubos de Rubik…

Hai que facer fincapé no gran traballo das dúas comparsas na confección dos disfraces, pois se nota a devoción e o cariño co que se preparan todos os atuendos, dignos mesmo dun “Óscar”.

Ambientazo-no-pavilon-de-Vimianzo-co-Entroido Michel-presentando-o-Entroido-de-Vimianzo-2014

A pesar de que o tempo amainou, e quedou unha tarde ben fermosa en Vimianzo, o Concello no arriscou e levou o certame ao Pavillón. Ateigado ata arriba, pequenos e maiores de toda a volta disfrutaron das actuacións das comparsas e dos grupos. Presentada polo grandísimo tuno Míchel, da Cherinkas, a gala foi collendo ton.
Os primeiros en pasar foron os Grupos, entre os que cómpre destacar a orixinalidade da “Natación Sincronizada de Baíñas”. Que ben o pasaron e o fixeron pasar coas súas coreografías e cas pernas para arriba!
O segundo premio foi para os Lagregos do Século XX, da Asociación Parroquial de Berdoias, que foron os únicos que se atraveron ca copla e o teatro, o punto que lle falta a este entroido vimiancés para convertirse en referencia. Os labregos estiveron simáticos e reivindicativos, en contra do caciquismo, denunciando que a política é a mesma que hai un século: “Caciques había e seguirá habendo, antes levaban trigo e agora o diñeiro”, rimaron.
Se ben “As doce rapeiras” (rapeiras vestidas de “emanems”) o intentaron tamén ca copla, pero o son non lles axudou, o terceiro premio foi para o grupo “Para mariñeiros nós”, que presentaban unha simpática posta en escea dunha tranquila xornada de pesca no peirao.

Natacion-Sincronizada-de-Bainas-no-Entroido-de-Vimianzo-2014

Cómpre mencionar tamén a vontade dos Pitufiños. E finalmente chegaba o certame individual, ao que nos maiores só se presentaba o Capitán Babosa, o malo-malísimo dos Piratas do Caribe cun disfraz impresionante. Dos peques, levaron premios as orixinais Astronauta, a Dama de Cartón e mais a barra de pegamento.

Entroido-Vimianzo-2014-Piratas-do-Caribe-Capitan-Babosa A Dama de Carton

Boas novas para o Entroido vimiancés, que espera xa un ano para ver a nova proposta das Dancetekas e da Trubisquiña!!

Entroido-Vimianzo-2014-San-Fermines Entroido-de-Vimianzo Entroido-Vimianzo-2014-Para-Marineiros-Nos.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios