Luns. 29.04.2024
El tiempo

O minientroido tamén fixo disfrutar aos cativos de toda a bisbarra

O minientroido tamén fixo disfrutar aos cativos de toda a bisbarra

Imos por Cee e Vimianzo, vendo como os peques da bisbarra disfrutaron do seu entroido.

Obradoido de filloas en Vimianzo

Obradoiro infantil de filloas en Vimianzo

O entroido vai chegando ao seu fin e no concello de Vimianzo remataban hoxe os obradoiros infantís que comezaron o pasado xoves. Logo de elaboraren as caretas, de divertírense cos contos de entroido e de facer os instrumentos típicos destas datas, hoxe tocaba xornada culinaria, sen dúbida o obradoiro máis esperado. Arredor de 25 nenos e nenas dispoñíanse a aprender a facer filloas. A experiencia foi moi satiafactoria para os participantes que non só cociñaron, senón que tamén degustaron as filloas que eles mesmos fixeron. Manuel Antelo non quixo perder a ocasión de participar xunto coas crianzas neste obradoiro e, como non, tamén tivo que enfrontarse ao amoado e poñerse a cociñar. Os participantes levaron como agasallo un mandil e un libro de receitas do proxecto gastronómico Vimianzo, do mar á terra.

Queda unha última festa na axenda entroideira do concello: o entroido de Baíñas o vindeiro sábado 8 de marzo. O desfile de disfraces e comparsas percorrerá a vila desde a Praza do Outeiro ata o pavillón municipal, lugar onde se celebrará o concurso e se poderá gozar dunha magnífica laconada, con festa asegurada co Dúo D`Festa.

Ademais, por outro lado a programación cultural regresa ao Auditorio da Casa da Cultura o domingo 9 no seu horario habitual coa actuación de Luma Gómez, Teatro do Noroeste, que nos divertirá cun estupendo monólogo sobre a rebelión feminina “A tixola polo mango (Muller non é para tanto)” co que conmemoramos o Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo.

Entroido na Escoliña de Cee

Entroido na Escolina de Cee

Que ben o pasaron os peques na Festa do Entroido na Escoliña. Foi unha xornada moi divertida, que comezou cun desfile infantil e de seguido os peques quedaron ca boca aberta co concerto de saxo que puideron disfrutar.

Concerto de saxo na Escolina de Cee-Foto-Fatima Fernandez Entroido na Escolina de Cee

Agradable cita en APEM

Entroido APEM

E os usuarios de Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) na tamén celebraron unha fermosa festa entreoideira. Para elo contaron coa colaboración cos grandes Míchel e Damián, da Asociación Xuvenil, Ecolóxica e Deportiva Cherinkas.

Tamén participaron familiares e amigos, que xunto coa actuación dos nosos usuarios e traballadores, fixeron da tarde unha xornada inolvidable, que rematou con chocolatada.

Entroido en APEM

Entroidos 2014

Máis novas

Fonte

Comentarios