Unha vida no mar
14:47 26/11/09

Un día de traballo
O fío condutor dánolo o quefacer na vida do mariñeiro. De feito, alá se embarcou unha noite o equipo de Mandeos, comandados por Daniel López. E subiu no 2º Santa Isabel para vivir unha xornada de traballo, algo que tamén se pode realizar a través do proxecto Mar de Laxe. E suben a bordo sen medo, pero sempre con respeto, como nos conta Manolo (aquí embaixo). 47 anos, 33 anos na mar, xa que como a maioría dos mariñeiros enrolouse cando tiña 13 ou 14 anos. Pero a vida de Manolo está moi vencellada ao mar. Para o bo e para o malo. Un naufraxio levoulle varios familiares e non pode conter a emoción mentres nolo conta.A lonxa
Logo de recoller as artes, os mariñeiros voltan a porto para vendelo peixe. E fano na lonxa, na subasta. A venta é un dos problemas dos mariñeiros. Moitos marchan a Coruña para vender pois o peixe vénese máis caro, pero os que quedan terán que vender a cuarta parte do que se vende no mercado ou na praza. "Non hai dereito, os estableciementos gañan o 400%-500% do que gañamos nós. A min paréseme moito, non?", pregúntase un deses laxense que se xogan cada día a vida no mar.A muller do mariñeiro
Cando o mariñeiro volta do mar, logo de 12 horas de xornada (de 2:00h a 12:00h, por exemplo), a muller do mariñeiro toma o relevo. Ela terá que colocalo peixe, vendelo, preparar o aparello... e a casa, que esa é outra guerra. "Só cando vou durmir penso "agora acabei", ata mañá que me levante", apunta unha desas bravas. I é que o traballo co aparello e cos redes é outradas artes desta profesión. Impresionante ver como traballan.Os percebeiros
Outros dos que se xogan a vida son os percebeiros. Armados coa ferrada e o pucheiro, embarcan nesas lanchiñas e van directos ás rechas do Cabo de Laxe ou da Banda da Area, onde as olas baten e baten. Sexa verán, sexa inverno, os percebeiros van á ribeira na procura dos mellores percebes da zona, que poden darse nas Pedras de Pomar. A documental caza imaxes verdadeiramente espectaculares dunha sesión de traballo un día de verán. Como será no inverno... O Furtivismo é o grande problema ao que se enfrontan os percebeiros. Acusan directamente á "Pesca deportiva" de esquilmar o percebe máis baixo, "e a ribeira nace de abaixo arriba". Os percebeiros semella telo claro: "pan para hoxe e fame para mañá". Pero o problema segue vivo. E para intentar loitar contra o furtivismo está a figura do vixiante. Un traballo complicado, que se non conta coa colaboración do mariñeiro, pode facerse imposible. Vemos como controla o cupo, revisa as embarcacions... toda unha labor encomiable. A documental finaliza canda a Virxe do Carme, e enlaza coa curta do Naufraxio.Triloxía
A documental está encadrado dentro do multidisciplinar proxecto de Mar de Laxe. Dentro del, e da man da produtora Mandeo Records, estase a realizar unha triloxía. "Os soños do mar" é a primeira parte e a segunda xa a podemos ver: o "Naufraxio". unha tradición de máis de 50 anos. O vindeiro 2010 será completada cunha nova documental. Estes "soños do mar", ademais de contar cunha BSO de excepción, conta coa colaboración especial de Caamaño Castro e de Rosa Cedrón. Teñan en conta que xa se pode ver na rede o documental.Problemas ca confraría
O único punto de discordia que atopaou o equipo de produción chegou dende a confraría. Unha confraría que polo de pronto, segundo denuncia a produtora, quere facerse co dereito intelectual da obra. Unha confraría que realizou a presentación da documental sen apenas promoción e, sobre todo, se avisar á produtora. Un problema circunstacial e puntual neste curso, pero que dende a produtora pensan que se solucionará sen maior problema. Porque o problema vén dende o ano pasado, de canda o cambio de directiva. Coa xunta directiva anterior, que estivo traballando en Laxe ao longo de 30 anos, afirman dende a produtora, que non tiveron problema algún. Máis ben todo o contrario. Sen embargo, o cambio de directiva foi acompañado dun cambio de actitude que intenta anotarse un tanto sen recoñecer o traballo do arredor.Os soños do mar
Novas relacionadas
- Xa se poden ver na rede "Os Soños do mar".
- A cara social do porto de Laxe.
- A BSO dos "Os soños do mar" de Laxe.
- "Os soños do mar" de Laxe.
- Unha reportaxe en vídeo do III Atalajazz 2009.
- O Naufraxio de Laxe, protagonista dun documental con 50 anos de historia.
- Aberto un foro sobre o Naufraxio de Laxe.
- "Na bágoa da marea", o capítulo 13 de "Para mariñeiros nós".
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).