Xoves. 05.08.2021
El tiempo

100€/mes por 1.000m2, o plan de SEA e o Concello de Malpica para impulsar o polígono de Buño

SEA presentou un vídeo promocional do polígono
Reunion de Sea en Malpica
Reunión de Sea cos responsables do Concello de Malpica
100€/mes por 1.000m2, o plan de SEA e o Concello de Malpica para impulsar o polígono de Buño

Segue baleiro o Parque Empresarial de Buño. E para reactivalo, o Concello de Malpica e Suelo Empresarial del Atlántico veñen de presentar un plan. A idea principal é ofrecer máis da metade da superficie (uns 15.000 m2) en réxime de aluguer con opción a compra, no coñecido modelo de “Dereito de Superficie”.

Así o ratificaron na reunión mantida onte, confirmando que as cifras que deberían abonar os emprendedores son moi reducidas, de só 90 euros ao mes para parcelas de 1.000 metros cadrados e de 109 euros para as de ata 1.466 metros cadrados.

Na modalidade de Dereito a Superficie, as empresas poden instalarse sen necesidade de afrontar o gasto da compra do chan. Así, poderían continuar nesta modalidade durante un período de ata 30 anos ou ben optar por comprar a parcela, cunha redución parcial das cantidades abonadas previamente.

Parque empresarial de Buno

Vídeo promocional

Ademais de material en papel, que se editará proximamente, SEA presentou o vídeo promocional elaborado para impulsar o polígono industrial e que recolle a súa proximidade ao porto pesqueiro, á Coruña, a Santiago e as súas enormes posibilidades como área empresarial para distintos sectores.

Novas relacionadas

comentarios