Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa da morte necesita transformación

A Costa da morte necesita transformación
Mesas Sectoriais do GDR Costa da Morte Mesas Sectoriais do GDR Costa da Morte

Non cabe dúbida que a transformación de produto para darlle un valor engadido ás nosas materias primas, sería un paso moi importante para o desenvolvemento económico da bisbarra. Pero moitas máis cousas fan falta ollando o informe económico-financieiro que analizabamos a semana pasada en QPC, e que debería ter sido tomado en conta nestes Foros.

Vimianzo e Buño acolleron a pasdaa días as mesas sectoriais de traballo para a elaboración da estratexia local do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte. Ese ente semipúblico que agora si, abrangue toda a bisbarra, que está abrindo as súas portas para que axentes do territorio estimen as prioridades que orientarán o futuro programa de desenvolvemento rural 2014 -2020, do Leader. Un proceso aberto e participativo para a elaboración da estratexua local do GDR.

A estas mesas asistiron representantes dos concellos, institucións, asociacións empresariais, comunidades de montes, outras entidades e asociacións do territorio, e tamén persoas a título individual.

Entre as propostas que se formularon podemos destacar as seguintes: Iniciativas que contribúan á dinamización do sector primario, relacionadas sobre todo coa produción, transformación e comercialización de novos produtos agropecuarios de calidade e artesanais, facendo fincapé no seu consumo local, incluso a través dos colexios.

Promoción turística

Todos coincidiron tamén na necesidade de realizar proxectos que contribúan a divulgar as potencialidades da zona, facendo esta máis visible. Sobre todo incidiuse na necesidade de realizar de actividades de divulgación do patrimonio existente que sirvan para valorar máis os recursos dos que se dispón. Mágoa que non se reincidise en bos exemplos como o de Dumbría, que aposta polo deporte de alto nivel como motor económico.

Innovación = Transformación

Falouse, a súa vez, na necesidade de innovar no aproveitamento e transformación dos subprodutos das masas forestais, apostando tamén polo uso social e a multifuncionalidade do monte e a promoción das especies autóctonas como posibilidade de obter novas rendas e aproveitamentos do monte. Algunhas iniciativas que se apuntaron tiñan que ver con: aproveitamento da resina dos pinos.

Proxectos sociais

Traballouse a necesidade de potenciar aqueles proxectos que sexan transversais, que teñan en conta a inclusión social dos colectivos con discapacidades. Proxectos de territorio máis que de localidades en concreto, que supoñan unha maior implicación de sectores sociais e económicos do territorio que axuden a sentir e a crear unha marca de territorio.

Unificar esforzos

Por último tamén se sinalou a necesidade de traballar en conxunto con outros axentes da zona, como por exemplo o GALP Costa da Morte e o GALP Costa Sostible, cos cales coinciden en parte do territorio, na xestión doutros programas europeos.

Vindeira cita aberta

A próxima cita no proceso será o venres 17 de xuño ás 18:30 horas no Centro Sociocultural de Baio, onde terá lugar o Foro Final de elaboración da Estratexia, que servira para que as entidades participantes no proceso e as entidades socias do GDR validen a mesma.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios