Xoves. 28.05.2020
El tiempo

A Liga Reumatolóxica Galega visita Malpica

A Liga Reumatolóxica Galega visita Malpica
liga-reumatoloxia-malpica Membros da Liga Reumatolóxica Galega instalou un posto informativo no paseo da praia de Malpica A Liga Reumatolóxica Galega regresou este domingo coa campaña "Polos teus ósos" co fin de informar á sociedade sobre un tipo de patoloxías que afectan ao 40% da poboación. Coincidindo coas Festas do Mar, o domingo a asociación instalou unha mesa informativa no paseo da praia na que vendeu doces e rifas para o sorteo dunha fin de semana nun balneario, ademais de ofrecer información. E ademais, para visibilizar as enfermidades reumatolóxicas entre os máis novos, organizou, coa colaboración do concello de Malpica e a comisión de festas, un concerto solidario a cargo do grupo 7 Setenta. O alcalde, Eduardo Parga, e os concelleiros Miguel Fernández e Noelia Freijeiro visitaron o posto informativo e agradeceron a presenza da Liga Reumatolóxica Galega en Malpica. Fonte

comentarios