xoves. 08.05.2025
El tiempo

A lingua tamén pode ser creativa

A lingua tamén pode ser creativa
Participantes do campamento urbano infantil de Malpica Os participantes do campamento urbano infantil de Malpica expresaron as súas habilidades orais e escritas durante o taller Os nenos e nenas do grupo de maiores que participan no campamento urbano infantil organizado polo concello de Malpica asistiron onte á primeira xornada dun obradoiro de lingua creativa impartido por Xosé Manuel Varela, co que traballaron sobre as lendas de Malpica de Bergantiños. O taller desenvolveu habilidades orais e escritas dos rapaces tomando como base a lenda do trigal maldito, e ao remate os participantes elaboraron ilustracións baseadas na lenda. As imaxes do conde das Torres, o espírito encerrado na igrexa de Santiago de Mens e a moza raptada foron as máis repetidas polos nenos e nenas. O luns, martes e xoves da vindeira semana continuará o obradoiro con novas actividades. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Malpica

Comentarios