A lonxa vella de Malpica podería ser derrubada nas próximas semanas


Continúa aberta a colleita de sinaturas para intentar evitar o derrubo da lonxa vella de Malpica, santo e seña do porto malpicán.
Segundo unhas declaracións do Concelleiro de Obras, Miguel Fernández, a demolición será durante a segunda semana de febreiro. Os promotores da colleita entenden o derrubo como un “símbolo contra a deixadez e desfeita, xeneralizada en toda Galicia, do Patrimonio Local”.
Aínda se pode asinar en change.org para levar, canto antes, as sinaturas ao Concello e a Portos de Galicia.
I é que son moitos os malpicáns que entenden a lonxa de Malpica de Bergantiños, como un “elemento dunha paisaxe portuaria”. A edificación de carácter racionalista dos anos 50 foi o escenario dun dos centros neurálxicos da pesca de baixura da Costa da Morte. A edificación, que albergaba un dos sistemas innovadores da época, é un referente urbano no porto. O conxunto está formado por unha antiga fábrica de xeo e unha edificación de vivendas que representou e representa parte da memoria colectiva. Os promotores desta loita patromonial lembran que “a historia desta infraestrutura é digna de ser resaltada e representada coma elemento esencial da característica propia dun núcleo que se veu transformados nos últimos 50 anos polo laize faire”.
Máis información
- Change.org: Detengan la demolición vieja lonja,patrimonio industrial pesquero para la construccion de aparcamientos.
Novas relacionadas
- Unha colleita de sinaturas para evitar a demolición da vella lonxa de Malpica.
- A lonxa de Malpica incrementa nun 93% a súa actividade con respecto ó ano 2013.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).