mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Mostra da Olería rematou con éxito

A Mostra da Olería rematou con éxito
Diego Calvo estivo na Mostra de Olería de Buño Diego Calvo estivo na Mostra de Olería de Buño O balance da organización di que a Mostra da Olería de Buño neste ano 2011 foi moi exitosa. Nesta edición, na que a cita cumpría vinteoito anos, pasáronse por Buño ao longo dos dez días de Mostra máis de 13.500 visitantes. En vendas, os alfareiros ingresaron máis de 36.000 euros. Dende a organización valoraron estes datos de “moi positivos” malia á crise, de xeito que Buño “afiánzase como referente galego no sector da olería”. I é que este ano superaron as cifras colleitadas o ano pasado. O evento contou co apoio do Concello de Malpica, a través do concelleiro Alfredo Cañizo, e da Xunta de Galicia, que achegou unha axuda á Mostra por valor de 15.000 euros para o seu desenvolvemento.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios