A V Festa Galega de Malpica tamén se convirte en Feira Medieval

09:05 15/08/12

Completa fin de semana en Malpica esta do 17, 18 e 19 de agosto. A V Festa Galega combínase coa febre das Feiras Medievais. A cita máis completa será o sábado onde o folk e o medievo mesturaránse nun combinado explosivo.
Ollo que o propio sábado tamén teremos cita folk na fin do mundo, a ver como amañamos.
Programa

- Venres 17 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 22.00h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación da Coral de Malpica
- 22.30h Na Praza Anselmo Villar Amigo actuación do grupo Media Ducia. - Sábado 18 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira
- 11.30h Pasarrúas cos gaiteiros da A.C. Carcaxía e da A.C. Raigañas
- 17.00h Pasarrúas mariñeiro
- 19.15h II Desfile de bandas de gaitas da A.C. Malante (Sairán do Centro Cívico de Malpica)
- 22.00h ilalelo (Carlos Blando e Budiño)
- 23.15h Bellón Maceiras Quinteto
- 00.45h Treixadura
- 02.30h Fol de Veneno
- 03.45h Remate da festa. - Domingo 19 de agosto:
- 11.00h Feira Medieval Mariñeira.
XII Concurso de Castelos e Barcalas de Area

Ademais, o Venres 24 de agosto a partir das 11.00 h e ata as 14.00 h na Praia de Area Maior terá lugar o XII Concurso de Castelos e Barcalas de Area. Haberá tres premios amateur, premio á mellor barcala, premio infantil e premio especial do público.
Novas relacionadas
- Unha homenaxe convertida nun singular día de festa na parroquia de Mens.
- A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- A Festa Folk Fin do Camiño toma o relevo da mellor música celta.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).