venres. 13.06.2025
El tiempo

Aberta a inscrición en Malpica para o Pinta na Rúa e o Campamento de agosto

Cartel Pintar na RUA MALPIca
Aberta a inscrición en Malpica para o Pinta na Rúa e o Campamento de agosto

O Concello de Malpica vén de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do obradoiro ‘Pintar na rúa’, unha proposta artística e educativa que se consolida como unha das actividades de verán máis demandadas. O seu obxectivo é fomentar a creatividade das nenas e nenos do municipio ao tempo que se recuperan espazos públicos a través da arte urbana.

O obradoiro desenvolverase do 11 ao 31 de xullo de 2025, e contará con dous turnos adaptados ás idades das persoas participantes:

  • De 10.00 a 12.00 horas para rapaces e rapazas de 11 a 14 anos

  • De 12.00 a 14.00 horas para nenas e nenos de 6 a 10 anos

Cada grupo contará cun máximo de 15 prazas e o prezo da actividade será de 12 euros por participante.

As inscricións poderán realizarse nas oficinas xerais do Concello ata o 12 de xullo, en horario de atención ao público.

Campamento Concilia

campamento concilia malpica

Así mesmo,  Concello pon en marcha unha nova edición do Campamento Concilia, unha proposta de conciliación familiar que terá lugar do 1 ao 29 de agosto, en horario de 9:30 a 14:00 horas, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

A actividade é totalmente gratuíta e contará cun máximo de 30 prazas, dando prioridade ás familias empadroadas no municipio. O campamento só se levará a cabo se se acada un mínimo de 15 inscricións, polo que é importante formalizar a participación dentro dos prazos establecidos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de xullo e deberá realizarse de forma presencial nas oficinas xerais do Concello. As prazas outorgaranse por orde rigorosa de inscrición, que só se considerará válida unha vez presentada a seguinte documentación:

Máis info

Para formalizar a inscrición, as familias deberán presentar a seguinte documentación:

  1. Copia da tarxeta sanitaria da/o rapaza/z

  2. Copia do DNI da nai, pai ou titor/a legal que realiza a inscrición

  3. Copia do libro de familia, sentenza xudicial ou calquera outro documento válido en dereito que acredite a tutela da/o menor

  4. Número de conta bancaria

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Malpica ou chamar ao teléfono 981 707 104.

Comentarios