Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Accións de limpeza nos ríos Vaa, Camaradas e Esteiro ao seu paso por Malpica

Accións de limpeza nos ríos Vaa, Camaradas e Esteiro ao seu paso por Malpica

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través de Augas de Galicia, vén de concluír os traballos de mantemento, conservación e mellora das marxes dos ríos Vaa, Camarada e Esteiro ao seu paso polo Concello de Malpica.

Aos traballos, que se prolongaron durante varias xornadas, destinouse unha partida de 41.474 euros e consistiron fundamentalmente na roza selectiva de varios puntos do río, na retirada de árbores caídas na canle, así coma madeira morta, co fin de evitar atoamentos. Tamén se traballou na eliminación de masas localizadas de Rubus sp. En total actuouse en 9.180 metros.

Antes e despois da limpeza de rios de Malpica copia Antes e despois da limpeza de rios de Malpica

Comentarios