Luns. 29.04.2024
El tiempo

A ACD Mallas de Area estrea revista

Revista mallas de Area
A ACD Mallas de Area estrea revista

Coas Festas do Mar, unha das máis vividas na vila, como telón de fondo, a Comisión de Festas de Malpica -ACD Mallas de Area- vai presentar hoxe mércores 23 de agosto, a súa primeira revista. A cita será na Casa do Pescador a partir das 19:00h e será toda unha representación da potencia cultural do asociacionismo malpicán.

Dirixida por Xosé Manuel Varela e coordinada por Pedro Mato Garrido, conta con grandes colaboracións como Adrián Abella Chouciño, Paco Abella, Álvaro Aldrey, Xurxo Alfeirán Chouciño, A.C. Carcaxía, José Luís Castro Couto, Tania Doldán, Carlos Fidalgo Pombo, Xos é Breogán García Outeiro, C.E.X. «Gillán», A.C. Malante, Selina Otero, Ana Pose, Nico Pose, A.C. Raigañas, Mar Suárez, Ileana Varela Pérez e Elena Verdes.

Entre as temáticas, a revista recolle artigos sobre a Etimoloxía do nome de Malpica, sobre arqueoloxía e historia, música, o Camiño dos Faros, o centenario do falecemento do Tenor malpicán Varela., e como non das Festas do Mar escénicas, e o primeiro festival Malpicómicos. Ademais, hai un par de boas entrevitsas a Beatriz Rico e o grupo Marlena.

Xa a podedes ver e descargar nesta ligazón da deseñadora JL Publicaciones

Comentarios