Luns. 29.04.2024
El tiempo

Adiante a Mostra da Olaría sen oleir@s

Mostra Oleria (8) copia
Imaxe da Mostra de Olería do ano pasado
Adiante a Mostra da Olaría sen oleir@s

Xa no lo deixaba claro Alfredo Cañizo o día no que a Asociación Oleira de Buño aseguraba que “non ía haber Mostra”: “Quen organiza a Mostra?”, pregúntábanos Cañizo deixando claro que é o Concello o organización deste senlleiro evento.

O Concello de Malpica anunciaba onte a organización da Mostra da Olaría Buño (este ano “olaría”, a palabra agora normativizada, pois olería é marca rexistrada pola Asociación). O alcalde, Eduardo Parga; o edil de Turismo e Festas, Alfredo Cañizo; a concelleira de Olaría, Marisol Blanco Gorín; e o responsable de Obras, Miguel Ángel Fernández anunciaban no Ecomuseo do Forno do Gorte o cartel desta 39ª edición, que se desenvolverá do 3 ao 6 de agosto de 2023.

Falaron Cañizo e Parga, amosando un “goberno unido”. O edil puxo en valor o papel da olaría e que “hai que darlle o que Buño merece”.

Parga, despois de agradecer o compromiso da Deputación e lembrar que tivo que pelexar por manter a contía, defendeu a Cañizo dos ataques dos oleir@s: “Un colectivo non pode poñer ou quitar un concelleiro”, “todo se debe falar”.
O alcalde calificou de inxusta a rotura dos oleir@s coa concelleira dsa Olería Marisol Gorín por “unicamente ter compartido unha publicación en Facebook”.

A visión da Asociación

Con esta publicación nas redes con este doble cartel, e este comunicado, responde a Asociación de Olería á presentación:

Vista a presentación da próxima Mostra de Olería por parte do Concello de Malpica de Bergantiños, dende a Asociación queremos aclarar que en ningún momento diriximos insultos nen acusacións ao Sr. Cañizo.
O movemento que se está a crear en apoio á nosa labor, o cal agradecemos simceramente, parece beber de algún conflicto máis do que en este momento estamos a vivir.
Queremos igualmente recalcar que os principais afectados pola non participación na Mostra somos nós, os oleiros e oleiras, e de ahí precisamente pode inferirse a enorme relevancia da decisión adoptada que, por máis que dende o Concello intenten centrar en motivos puntuais ou incluso persoais, è unha decisión colectiva en defensa da nosa labor.
Non queremos que a promoción da nosa artesanía se fundamente en actividades propias de outro tipo de festas coas que, sen desmerecelas, non nos sentimos identificados.
Non queremos invertir en verbena, queremos invertir en cultura.
E aínda que non somos quen (nin nòs nin ninguén, por certo) para falar en nome dunha vila enteira como è a de Buño, se nos fundamentamos tan só na nosa historia, case nos atrevemos a dicir que se podería entender que pobo de Buño e oleiros e oleiras son a mesma cousa.
Como colectivo que permanece unido un dos principais motivos que nos alenta a manter esta postura, sen precedentes, è o alcance que está a ter en tòdolos àmbitos, que non sexa política, que sexa defensa da tradición que nos enriquece como pobo.
Estamos unidos e convencidos, aìnda vítimas dun insulto tal como a afirmación por parte do Sr. Cañizo de que esta próxima Mostra, sen oleiros, vai a ser "a mellor Mostra que se puido celebrar ata agora”.
Anunciamos, para rematar, que a vindeira fin de semana aclararemos estas e outras cuestiòns referentes á Mostra.

Novas relacionadas

Comentarios