A Asociación Oleira de Buño prántase e non fará a Mostra ata que Cañizo deixe a área
Bomba a que vén de lanzar a Asociacion da Olería de Buño. A entidade prántase e non vai organizar a Mostra da Olería, a pesar da repercusión económica que ten para cada un dos artesáns e de que Concello e Deputación reanisar o convenio de financiamento, ata que o concelleiro Alfredo Cañizo non deixe a área da olería.
Tras varias reunións mantidas, os oleir@s amosaron absoluta unanimidade a hora de parar, e tras esperar varios días a ver se o propio concelleiro ou o goberno popular tomaban medidas, veñen de lanzar este comunicado.
Comunicado da Asociación Oleira de Buño
Dende a Asociación Oleria queremos anunciar grandes discrepancias co concelleiro de turismo de Malpica e organizador da Mostra de Olería de Buño, o sr. Alfredo Cañizo Garrido. A Mostra de Olería de Buño é un evento no que ademáis de repercutir na economía dos e das oleirxs, é unha forma de amosarlle ao resto do mundo o noso traballo, a nosa tradición e o noso pobo, por iso, non imos permitir que ninguén xogue co noso medio de vida, e que nos intente manipular mentras tira abaixo a imaxe de un dos últimos pobos alfareiros que queda en España, é por iso tamén que nos produce unha inmensa tristura anunciar que NON haberá Mostra de Olería de Buño, nin este ano nin ningún outro ata que o sr. Alfredo Cañizo Garrido, se dea de conta do dano que lle está a facer a nosa artesanía e por conseguinte ao pobo de Buño, e decida así en beneficio dun pobo e da súa tradición, desistir do seu empeño en organizar un evento onde nin o queren nin é ben recibido.
- Asinado: Asociación Oleira de Buño