A Asociación de Olería de Buño rompe tamén coa súa concelleira

21:06 18/07/23
Despois do crú comunicado contra o concelleiro Alfredo Cañizo, a Asociación de Olería de Buño, máis unida que nunca, vén de enviar un novo comunicado no que sinalan a súa “ruptura coa concelleira de Olería Marisol Blanco Gorín”.
Tralas manifestacións de apoio ao edil independente, que xa nos deixaba claro que “a Mostra faina o Concello, non os Oleiros”, dando a entender que a Mostra do vindeiro 3 de agosto segue adiante con ou sen oleir@s de Buño, a asociación, lamenta que a Concelleira “nunca se puxo en contacto con ningún membro da Asociación para interesarse polo que está a acontecer, demostrando así o pouco ou nulo interés que ten pola Olería de Buño”.
Deste xeito, os oleir@s decidiron retirar as pezas expostas no CAT (Centro de Artesanía Tradicional).
Eu apoio a olería de Buño
Ao mesmo tempo, o colectivo está lanzando unha campaña coa etiqueta #EuapoioaoleriadeBuño, pedindo a xentes do planeta que o compartan.