Luns. 18.11.2019
El tiempo

Alfredo Cañizo: "Temos proxectos turísticos para colocar a Malpica como referente en Europa"

“Non me gusta vender fume, pero temos proxectos a nivel turístico, con eventos únicos que se irán dando a coñecer, que van colocar a Malpica nun referente a nivel Galicia, España e mesmo Europa“
Alfredo Canizo forma parte do goberno tripartito en Malpica
Alfredo Canizo forma parte do goberno tripartito en Malpica
Alfredo Cañizo: "Temos proxectos turísticos para colocar a Malpica como referente en Europa"

Despois de termos falado co alcalde de Malpica, toca facelos con Alfredo Cañizo, edil non adscrito responsable da Concellaría de Turismo, Seguridade, Tráfico, Servizos e Agro, e membro do tripartito formado polo PSOE e o BNG. Conta cunha dedicación exclusiva e comprobamos de primeira man a boa complicidade que ten co alcalde, Walter Pardo, compartindo mesmo asuntos que van máis alá do profesional.

Fala sen pelos na lingua do seu paso por Ciudadanos, e das cousas que precisa Malpica.

 
  • QPC: Como vai ese goberno tripartito? Ti que xa tes experiencia en gobernar en común, que tal co PSOE e BNG?

Moi ben, coordialidade total. Levamos 3 meses intentando cambiar as cousas, leva tempo, pero temos gañas. Estamos arrincando proxectos, intentando facer cousas novas. Non me gusta vender fume, pero temos proxectos a nivel turístico, con eventos únicos que se irán dando a coñecer, que van colocar a Malpica nun referente a nivel Galicia, España e mesmo Europa.
Xa iremos coñecendo proxectos, pero temos que ir cambiando a mentalidade. Queremos ser un referente como xa foi Malpica.

A nivel práctico, cada un ten liberadade na súa área, pero as cousas importantes coméntanse entre todos.

 
  • QPC: No tempo de negociacións co PSOE e BNG, que momento e que persoa foron claves para o acordo?

A clave fun eu. E que quede claro que eu xamás falei de cantidades; falei de acordos para mellorar Malpica. Claves fomos todos, pero é certo que foi moi imporntante Lage Tuñas, que mesmo veu ao pleno de investidura, e eu levanteime e dinlle as gracias e un abrazo.
As negociacións co PP baseáronse con Parga, eu pedinlles 4 cousas dixo que non, pero no PSOE estaban áis interesados en que saíse adiante.

 
  • QPC: Despois do paso con Ciudadanos, cales foron as claves da túa saída?

Foi un erro cometido pola miña parte, porque pensei que o que me dixeran o ían cumplir. Laureano Bermejo, que é o que está destruíndo Ciudadanos en Galicia, é un dictador. Nun principio tiña liberdade, e despois parece ser que non. Eu expliqueille que non estaba pactando con ningún delicuente, son veciños do meu pueblo que buscan o benestar dos veciños. Pactei con quen crin convinte.

 
  • QPC: Cales son as túas áreas de goberno? Onde vas poñer o foco?

Medio Rural, Turismo, Festas, Tráfico, Seguridade Cidadá, Policía e Servizos. Unha parte importante, si, e temos que intentar que a xente sexa máis feliz. As liñas principais son a participación cidadá, lóxico, no sentido no que sempre sostiven que Malpica somos todos, dándolle importancia ás parroquias que quedaron esquecidas estes anos. Non imos dicir que por asfaltar catro pistas, xa coidamos ás parroquias, porque quedan moitas necesidades en Mens, Buño, Leiloio, Cerqueda…

O que si están en marcha é a senda de Leiloio.

 
  • QPC: Como ves as obras da rúa principal?

Eu creo que ben, pero notelle moitos fallos no proxecto, como as canalizacións. Hai unha paralización para mellorar o proxecto, pero espero que en 15 días se retome. Esperamos que se meten as canalizacións por abaixo.

 
  • QPC: E que che parece o Centro de Día?

Todo o que veña para Malpica paréceme ben. Poderíase facer un pouco máis grande, ou pequeno, pero imos darlle para adiante a todos os proxectos que están aí, porque non son proxectos do PP, son proxectos do “pueblo”.

 
  • QPC: Sobre o Porto de Malpica e os seus problemas co tráfico?

Estamos intentando solventar o asunto do aparcamentos… Hai 4 ou 5 sitios, privados, no centro de Malpica, porque o Concello non ten, para habilitar aparcamentos, e xa estamos negociando con eles.

 
  • QPC: A recuperación da colección de olería da familia García Alén.

É un tema que está en trámites pero non houbo máis contactos despois da Mostra. Estamos algo paralizados polas obras do Centro, pero despois seguiremos pelexando para que veña aquí, que é importantísima para Malpica e que nunca debeu marchar.

 

Novas relacionadas

Comentarios