Martes. 22.10.2019
El tiempo

Walter Pardo: “A política é arriscar, e eu teño un gran proxecto para Malpica”

Walter Pardo, alcalde socialista de Malpica
Walter Pardo, alcalde socialista de Malpica
Walter Pardo: “A política é arriscar, e eu teño un gran proxecto para Malpica”

Cúmprense aproximadamente 100 días dende as pasadas eleccións, e 60 días dende que se formalizou o goberno tripartito, que colocou a Walter Pardo como novo alcalde socialista de Malpica, co apoio do BNG e do edil Alfredo Cañizo, e coa recén nomeada Tamara Torrado como teniente alcaldesa. Comprobamos en primeira persoa a boa sintonía municipal con Alfredo Cañizo, e falamos dos proxectos máis importantes que ten en fronte nesta lexislatura.

“Non podes vivir do día a día como facía o anterior goberno. A política é arriesgar”, apunta confrontando a súa idea coa do anterior goberno popular.

 
  • - QPC: Que tal eses primeiros 100 días? Como che cambiou a vida?

En todo o bo e en todo o malo. Por exemplo, estaba nun velatorio e díxenlle a un amigo “Ás veces síntome observado”, e díxome: “Non te sintas, estás”. É duro ver que todo o mundo está pendiente de saber se vas en pantalón corto, se non levas camisa… Na rutina cambia todo, porque non tes rutina para comer, para ver á familia… xa hai 3 meses que non vou a correr… En todo caso, eu ás 7:30h da mañá estou no despacho, porque non me dá o tempo, entre a xente que vén ao despacho longo da mañá, e polas tarde collo o coche e vou pola parroquias.

E no bo, saber que podes estar facendo cousas para os veciños e que poden dar os seus froitos, é moi satisfactorio. Ademais podes coñecer moita xente, xente moi boa, e aprendes moito todos os días. 

 
  • - QPC: Que foi a primeira cousa que fixeches ao entrar no despacho?

Sentarme… (jajaja) Non, en serio, o primeiro que fixen foi cambiar a silla, porque basicamente estaba rota.

 
  • - QPC: Que tal atopaches o Concello? Algunha sorpresa desagradable agochada nos caixóns?

Pois cando vin o proxecto da reforma da rúa do centro, que está comezando, vin que o cableado vai por arriba. E se queres modernizar a vila, tes que facelo ben, e estou en negociacións con Telefónica e Fenosa e a Xunta para que metan o cableado por abaixo.
Hai ademais un problema co peche da entrada á dársena, así que haberá que ver. Son 4 meses de prazo pero está todo no aire.

Ademais está a obra de remodelación que se fixo no Concello. Non se fixo un ascensor. É se o alcalde non puidese subir escaleiras? É se alguén con problemas de mobilidade quere vir a ver a Policía Local ou a ver alcalde? Non pode. Levamos así 60 días poñendo remendos ao que eles fixeron.

 
  • - QPC: Que tal está funcionando o tripartito? Vai ser complicado controlar a Alfredo Cañizo?

Ben, ben, ben. Todo moi ameno, moi contentos. 60 días espectaculares. Alfredo vén cun prexuízo de sempre, pero é unha persoa moi activa e quere estar en todo e a min quítame moito traballo de encima. Co BNG moi ben tamén.

 
  • - QPC: E a todo isto, como vai o Plan Xeral de Ordenación Municipal?

Está parado dende hai 2 anos. Ninguén se atreve a quitalo. Nós temos que poñernos, porque é necesario. Eu aínda non o revisei, pero sei que hai uns problemas burocráticos que hai solucionalo. Gustaríame poder abrilo a unha votación veciñal.  

  • - QPC: Hai formuladas algunhas propostas para darlle solución aos problemas de aparcamento? Terían que esperar á aprobación definitiva do PXOM?

Non imos esperar ao PXOM. Xa estamos falando con propietarios de fincas privadas da zona, para abrir novos aparcamentos.

 
  • - QPC: Como van as obras da mellora da seguridade do porto de Malpica? A familia entregou 10.000 sinaturas para que Portos faga algo; hai compromiso de todo o parlamento pero non parece que haia movementos, non?

Fun eu coa familia. E se comprometeron a solucionalo, pero quedou nun compromiso. Temos que seguir recordándolle para se poñan a traballar, pero Portos di que hai que facer un dragado e a cousa é complicada

Eu teño un soño para Malpica, un proxecto que solucionaría todos os problemas de Malpica. Faría unha dársena seca no porto, cun aparcamento subterráneo, de pago, e unha praza enorme enriba para festas e celebracións. Sei que é un proxecto complicado de levar adiante, pero buscarei como facelo.

 

Si, hai 150.000 da Xunta e 150.000 comprometidos polo Concello para reformar o edificio do Centro Comarcal de Buño no Centro de Día. A min non me convence o proxecto, porque eu non creo que soluciona os problemas de Malpica, que xa temos máis de 80 persoas en listas de espera dos servizos sociais. Eu penso que non se pode perder, pero hai que valorar canto o mantemento da instalación, que sería a conta do Concello, e non da Xunta que é a que debería ter competencias.

 
  • - QPC: Que pasa co polígono empresarial de Buño? Non hai xeito de traer a unha soa empresa?

O noso traballo é traer empresas. Temos proxecto facer unha nave municipal como almacén, pero ten que esperar ao POS do ano que vén. O ideal sería que empresas de conserva, conxelación de peixe ou verduras, se instalasen aí, para que as empresas veñan tamén ao porto de Malpica. A idea é potenciar descargas no porto a través de impulsar fábricas no polígono. É “a pescadilla que se morde a cola”. Pero a realidade é que a lonxa de Malpica está en crise, porque a pesar de termos 11 cerqueiros, os barcos vanse á Coruña.

 
  • - QPC: E a piscina…

Fun vela e son moi optimista co proxecto, pero aínda falta ver os cartos que fan falta. Pero son optimista porque vexo que as piscinas da contorna teñen lista de espera, e iso que só son “calles” para nadar. Malpica é diferente. É case unha Casa da Auga, pero hai que controlar o mantemento, para que non sexa moi deficiente. Hai que intentar que non sexa unha perda de cartos, que sexa unha inversión en saúde.
Creo que habería que deixala diáfana para que un socorrista por turno sexa suficiente, cando agora farían falta 3.
E hai que mirar tamén como están os terreos de acceso, pero confiamos en que haia vontade por parte da igrexa. Se a piscina nos dá o acceso, e póñolle o nome que queiran, eu busco o beneficio para o pueblo.

 

Comentarios