Luns. 18.11.2019
El tiempo

“As ANPAS non nos dedicamos a linchar a ninguén”

Imaxe do CEIP Milladoiro de Malpica
Imaxe do CEIP Milladoiro de Malpica
“As ANPAS non nos dedicamos a linchar a ninguén”

Amenceu esta mañá Malpica salpicada por unha información lanzada, sen ningún tipo de reparo, por Vox Bergantiños. A nova agrupación acusa á ANPA e a comunidade escolar do CEIP Milladoiro de “linchar” e “facerlle boicot” a unha profesora por castigar a varios [email protected]

Unha falsa denuncia, sen pés nin cabeza, que xa se propaga coa connivencia da falta de criterio das redes sociais, pero que xa está sendo analizada polos cauces correspondentes. De feito, a ANPA do centro e a Federación de ANPAS da Coruña e Costa da Morte xa ten informado á Consellería de Educación da falsa denuncia.
De feito, non se van pronunciar ata que se solucione o asunto, pois non queren entrar en polémicas, pero queren tranquilizar á comunidade educativa deixando claro que “as ANPAS non nos dedicados a linchar a niguén”.

O grupo chega a afirmar que “o nivel do colexio é tan baixo e tan pouco esixente que parece unha gardería”, cando falamos dun centro referente con proxectos tan singulares e pioneiros como Radio Balea na súa activa Biblioteca.
O grupo tamén relaciona o asunto co uso da lingua galega no sistema educativo galego.

Comentarios