Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Arquivo Vidal recupera a historia en clave de muller dende o paseo de Malpica

Nos Somos Elas en Malpica
Na inauguración participaron o vicepresidente e a deputada de Igualdade da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e María Muíño xunto co alcalde e a concelleira de Malpica, Walter Pardo Añón e Leticia Naya Varela
O Arquivo Vidal recupera a historia en clave de muller dende o paseo de Malpica

Despois de marabillar na cidade da Coruña, a imaxes da exposición "Nós somos Elas" xa locen no paseo marítimo de Malpica. Son as imaxes de José María Vidal, que saen do Arquivo Vidal, para esta mostra promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda.

As protagonistas son 24 mulleres galegas, acompañadas de 24 textos de poetas galegos, e despois de Malpica pasarán por Ames, Zas, Laxe (como non podía ser doutro xeito), e San Sadurniño.

"Son pezas do pasado e do presente que constrúen un relato diferente, inclusivo, que trae ás mulleres a ocupar o seu lugar na historia, a facelas protagonistas e visibilizalas", sinalou na apertura a deputada, María Muíño que inseriu a mostra na vontade da Deputación da Coruña de destacar a "achega feminina á construción da nosa historia”.

As protagonistas son Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda Castaño.

Novas relacionadas

Comentarios