xoves. 13.11.2025
El tiempo

Catuxa Salom encherá de música e maxia o Obradoiro Gorín

Catuxa Salom en Buno
Catuxa Salom encherá de música e maxia o Obradoiro Gorín

O domingo 23 de novembro ás 13:00h, o Obradoiro Gorín (Santa Catalina, 72, Buño) encherase de arte, música, barro, ritmo e igualdade coa presenza dunha artista única, Catuxa Salom. Filla de raíces múltiples e corazón galego, Catuxa é unha das voces máis frescas e poderosas da nova escena musical. Cun estilo que mestura o folclore galego, os ritmos tribais latinoamericanos e a electrónica contemporánea, constrúe unha ponte entre o ancestral e o urbano. 

O seu novo disco, CALDO (2024), é unha homenaxe á amizade, aos afectos e ás redes de coidado como espazos de resistencia e vida. Un traballo cociñado a lume lento, como un caldo na lareira: quente, compartido e cheo de forza colectiva.

Neste Coloquio-Concerto organizado pola Asociación Visibles en colaboración con Obradoiro Gorín, dentro do ciclo “Elas Cántanlle á Roda”, Catuxa fará maxia .
 

Comentarios