Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Asociación Visibles celebra un encontro con 35 mulleres rurais de Bergantiños

Asociacion visibles en Buno
A Asociación Visibles celebra un encontro con 35 mulleres rurais de Bergantiños

Pendentes da celebración do 21 aniversario da Asociación Feminismo Buserana para o vindeiro 24, a atención en materia de igualdade céntrase este venres en Buño. A Asociación Visibles organiza este venres ás 18:00h no Centro Comarcal un encontro con 35 mulleres rurais para reflexionar sobre o complicado acceso á formación, á igualdade de oportunidades e de xénero, a conciliar e a liderar para ese colectivo.

Unha ocasión para escoitarse, e compartir, e para analizar a escasa oferta de cursos, obradoiros e actividades do 2022. Haberá tempo para ver un vídeo realizado coas mulleres da contorna co motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais e farán a entrega dos diplomas das dúas edicións do Curso de Competencias Dixitais e Transversais (financiado polo Fondo Social Europeo e a Concellería de Política Social Da Xunta de Galicia).

Cursos realizados

Aquí vedes o paso da entidade pola comarca cos seus cursos formativos en Ponteceso, Buño e Malpica.

Comentarios