Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Malpica analizará nunha asemblea se mantén a coalición de goberno tripartito

Grupo de goberno de Malpica
Os membros do Goberno tripartito de Malpica recén saídos do pleno de investidura
O BNG de Malpica analizará nunha asemblea se mantén a coalición de goberno tripartito

Máis dun ano leva o tripartito malpicán. Xa con algunha baixa do grupo de goberno, como a concelleira socialista Tamara Torrado que cedeu o seu papel a Sergio García VIllar, ou a do edil nacionalista Dani García Reigía, que mesmo retirou a súa afiliación dun grupo do BNG. Un BNG este vindeiro sábado 19 de outubro terá unha asemblea importante.

Unha asemblea para decidir se continúa formando parte do goberno, xunto cos concelleiros do PSOE e o non adscrito Alfredo Cañizo. Unha asemblea para analizar “se o acordo de goberno se vai poder materializar nos resto do mandato, transformando o noso concello nun espazo de máis benestar e máis oportunidades para a nosa veciñanza”.

O BNG “reflexionará sobre a experiencia de goberno, e sobre a perspectiva a tres anos vista do proxecto político para o municipio”. “Consideramos naquel momento que o proxecto político co que nos presentamos ás eleccións, aínda que non ía poderse aplicar na súa totalidade, podía contribuír a facilitar un cambio de modelo”. Pero “toca agora, analizar en que medida se está podendo executar o proxecto político do BNG para o Concello de Malpica, cal é o nivel de coordinación das forzas que compoñen o goberno local e, sobre todo, se o acordo de goberno se vai poder materializar nos resto do mandato, transformando o noso concello nun espazo de máis benestar e máis oportunidades para a nosa veciñanza.

Comentarios