Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Os Bombeiros acoden esta noite a un incendio nunha vivenda de Cerqueda e unha colisión en Carballo

Incendio vivenda Malpica
Incendio dunha vivenda en Malpica
Os Bombeiros acoden esta noite a un incendio nunha vivenda de Cerqueda e unha colisión en Carballo

Dous sucesos tiveron lugar esta noite na comarca de Bergantiños.

Incendio nunha vivenda de Cerqueda

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados sobre as 21:10 horas da pasada noite dun incendio nunha vivenda en
Leduzo, na parroquia de Cerqueda, no concello de Malpica de Bergantiños.
Tratábase dunha vivenda deshabitada e aillada, da que saían fume e lapas polo tellado. Houbo un intento de acceso ao interior da vivenda, pero
persoal do GES de Ponteceso, desprazado tamén ata o lugar, observou risco de colapso. A mellor solución para sofocar o lume é a través dunha fiestra situada nun lateral da vivenda. Sitúase unha escada de 2 tramos no lateral do inmoble para realizar a extinción das lapas, as cales afectaban á
madeira caída do tellado e aos restos de madeira do chan do primeiro andar. Quedou extinto sobre as 00:38 horas da noite.

Choque frontal na estrada AC-416 á altura do cruce da rúa Olveiras, en Carballo

Colisión Carballo

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Carballo foron alertados ás 01:39 da madrugada de onte dun accidente de tráfico na estrada AC-418 á altura do cruce da rúa Olveiras, no concello de Carballo.
Non habendo ningunha persoa atrapada, procedeuse á limpeza da vía para poder restablecer a circulación, dado que os vehículos ocupaban o carril de entrada a Carballo.
Rematouse o servizo contra as 2:43 horas da madrugada.

e

Comentarios