Buño xa pensa na XIV Cocedura Tradicional
09:01 21/06/12
O sábado 4 de agosto será a data da XIV Cocedura Tradicional no Ecomuseo Forno Do Forte de Buño. Unha demostración en vivo da tradición oleira que serve para que centos de persoas disfruten e aprenda como se traballa o barro dende os tempos dos nosos antergos.
A que comezará coa carga do forno ás 11:00h. O prendido será ás 15:00h, para seguir coa Festa da Carroa ás 21:00h.
Ao día seguinte, o domingo 5 de agosto, procederase á descarga do forno ás 11:00.
Novas relacionadas
- Este sábado 23 de xuño O Campo da Festa de Cerqueda volverá a acoller a IV Fest’Arxa.
- Os artesáns non volven ao Castelo ata o 15 de xullo polos recortes.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).