sábado. 03.05.2025
El tiempo

Cortados os accesos ao faro de Malpica por unha avaría nun eólico

Cortados os accesos ao faro de Malpica por unha avaría nun eólico
Durante a tarde de onte luns 27 de febreiro permaneceron cortados os accesos ao faro de Malpica por mor dun fallo nun aeroxenerador eólico. Segundo se lle indicou ao 112, o muíño perdeu o control do freo das aspas. Os responsables do parque eólico puxéronse en contacto co 112 Galicia ás 13:00 horas de hoxe para dar conta da situación. Explicaron que a consecuencia da forza do vento, as aspas do eólico estaban a xirar sen control, o que podería provocar algunha situación de risco. Con estes datos, o persoal da central de emerxencias do 112 alertou aos Bombeiros de Carballo e ao GES de Ponteceso. Tamén se informou a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil. Os efectivos mobilizados procederon ao acordoado da zona namentres non se solucione a incidencia. Fonte
  • Axega.

Comentarios