Sábado. 20.04.2024
El tiempo

De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño

De obsequio institucional da Deputación, unha peza de Buño
Obsequios da olería de Buño que entregará a Deputación da Coruña-Foto- La Opinion

Boa nova, dende logo, para os Oleiros de Buño. Que unha institución como a Deputación utilice as túas pezas como obsequios é un recoñecemento tremendo. E máis, unha institución como a Deputación que fai constantemente regalos institucionais en todas partes, o que supón unha boa carga de traballo para o oleiro, unha profesión en perigo de extinción.

A marca Olería de Buño non perde incidencia. E se xa dous anos dende que a Deputación prometera establecer as pezas costeiras como obsequio institucional, o acordo non se pechou ata as pasadas datas.

As pezas son unha hucha, un posavasos e un pequeno Forno do Forte.

Así, polo de agora, e a pesar da crise, seguen vivos os 17 talleres de artesáns e as 9 tendas que hai na pequena vila de Buño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios