Desbordamento de arte efímera no XXIII Concurso de Barcanas e Castelos de Area de Malpica
Este venres celebrouse na Praia de Area Maior a XXIII edición do Concurso de Barcanas e Castelos de Area. Tras unha xornada marcada pola habilidade e dedicación dos participantes, o xurado e o público elixiron as mellores creacións, destacadas tanto pola súa beleza como pola súa complexidade técnica.
Na categoría Infantil, o premio foi para o grupo "Relax". Vega, foi a encargada de entregar este galardón aos xoves creadores.
O Premio Especial do Público, moi disputado e reflexo do cariño da audiencia, foi outorgado a “Vila da Vida”, e foi entregado polo concelleiro Rodrigo Mato.
Na categoría de Mellor Barcana, o trofeo recaeu en "Barcana do Grupo Os Dragóns", unha creación que destacou pola súa orixinalidade. A entrega deste premio correu a cargo de Élida Vecino, das Amas de Casa de Malpica.
En canto aos premios principais, o Primeiro Premio foi para "Malpica Baleeira", unha obra que capturou a esencia marítima da vila. O alcalde, Eduardo Parga, foi o encargado de entregar o galardón.
O Segundo Premio foi concedido a "Tartaruga Ruperta", a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro, facendo entrega do merecido recoñecemento.
O Terceiro Premio foi para "Ancorados", galardón entregado polo concelleiro Miguel Ángel Fernández.
Como é tradición, os trofeos entregados foron realizados polos oleiros de Buño,. Ademais, os gañadores recibiron vales canxeables nos comercios locais de Malpica, fomentando así o apoio ao comercio local.
O evento finalizou coa entrega de agasallos a todos os participantes,