Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Detido un malpicán tras ser visto pola Garda Civil vendendo cocaína

billetes de drogas
Detido un malpicán tras ser visto pola Garda Civil vendendo cocaína

A Garda Civil do Posto de Malpica puido ver, mentres patrullaba, unha venta de droga en plena rúa. Unha das pesoas entregaba un billete e a outra respondía cunha bolsa de plástico de cor branca. Ao decatarse da presenza dos gardas civís ambos iniciaron a fuxida do lugar á carreira. Os axentes, tras unha persecución, conseguiron alcanzar ao “camello”.

Os axentes preguntáronlle se portaba algún tipo de sustancia estupefaciente, ante o cal esta persoa entregoulle aos gardas civís unha bolsita plástica de cor branca, similar á que lle entregara á outra persoa, que contiña supostamente cocaína. Os axentes tamén atoparon dúas pedras de, supostamente, hachís, outra bolsa de, supostamente cocaína, e 490 euros en billete fraccionado.

A Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor dun delito contra a saúde pública e á incautación dos efectos atopados.
O detido, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foi posto a disposición de Xulgado de Instrución número 2 de Carballo.

Comentarios