Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Detidos os autores de roubos en vivendas de Malpica e novas incautacións de marisco en Muxía e Muros

Detidos os autores de roubos en vivendas de Malpica e novas incautacións de marisco en Muxía e Muros

Tivo choio estes días a Garda Civil da zona. Por unha banda os Gardacostas realizaron a operación máis importante dos últimos días en Muros, onde os axentes incautaron 295 nasas e comisaron 33 quilos de polbo. A costa de Muxía tamén foi obxecto de actuación dos Gardacostas. Nun operativo desenvolvido en Boubirón e A Pedriña requisaron máis de 19 quilos de ourizo e percebe.

Paralelamente, Axentes da Garda Civil de Malpica detiveron este pasado fin de semana a tres varóns, veciños da localidade, de entre 25 e 45 anos, como supostos autores de cinco roubos ocorridos noutras tantas vivendas dos lugares de Seixo e Barizo, no mesmo término de Malpica.

Ao parecer, os roubos tiveron lugar entre o ano 2012, tres deles, e o actual, no que todo apunta a que cometeron dous dos cinco. Os agora detidos poderían ser os autores da sustracción de pequenos electrodomésticos, desbrozadotas, botellas de alcohol e outro tipo de obxectos, aproveitando o descoido dos moradores das casas e o feito de coñecer os costumes dos seus propios veciños, xa que os roubos producíronse nas inmediaciones dos domicilios dos imputados.

Os gardas lograron recuperar parte dos efectos subtraídos e os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Instrución Número Tres de Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • GC.

Comentarios